A Feira Ecolóxica de Arzúa pasa por riba da crise (e da Deputación)

Presentación da feira Dominio Público Praza Pública

Esta fin de semana celebrarase a IX edición da Feira Ecolóxica de Arzúa e farao co maior número de solicitudes de participación da súa historia. Ademais, o recoñecemento ao labor das e dos produtores locais e a responsabilidade de seguir afortalando o evento no almanaque galego e estatal da ecoloxía marcan unha edición que, por vez primeira, non conta co apoio da Deputación da Coruña.

O alcalde de Arzúa, José Luís García, destacou que a meirande feira ecolóxica de Galicia se celebra “para seguir apoiando as produtoras e produtores locais” e o seu “sistema de traballo ecolóxico”. Esta edición da Feira Ecolóxica de Arzúa converterase nun novo viveiro no que evidenciar un outro xeito de estar no mundo no que, ademais das máis de cincuenta expositoras e expositores, haberá teatro, música, conferencias, obradoiros e exposicións no Recinto Feiral Terra do Queixo durante o sábado e o domingo.

 

O mesmo día que abre o Centro Comercial As Cancelas

O representante de Culturactiva tamén quixo remarcar o “valor engadido”que o consumo ecolóxico representa como unha alternativa “real e máis sostible” ás prácticas habituais de alimentación, vestido, calzado e transporte

Pola súa banda e desde a entidade xestora da Feira, Culturactiva SCG, Manuel Vicente remarcou que a Feira “con máis solicitudes de stand que nunca” -a pesar da crise- se presentase o mesmo día que o Centro Comercial As Cancelas abría as súas portas. A este respecto, fixo fincapé no “valor seguro e estratéxico” da ecoloxía para o futuro e evidenciou que as propostas sostibles e respectuosas coa contorna cada vez están máis implantadas na sociedade.

Por último, o representante de Culturactiva tamén quixo remarcar o “valor engadido”que o consumo ecolóxico representa como unha alternativa “real e máis sostible” ás prácticas habituais de alimentación, vestido, calzado, transporte e outras que revirten nunha grande pegada negativa sobre a Terra que nos sustenta.

Presentación da feira Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.