A oposición critica a Xunta por "chamar á insubmisión" co decreto do galego

Manifestación a prol do ensino en galego CC-BY-NC-SA Queremos Galego

A oposición insistiu este martes en solicitar a derrogación do decreto do galego e a destitución do conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez, logo de que o TSXG eliminase o artigo que permitía a consulta aos pais sobre o idioma ou o que facultaba os cativos para falar nunha lingua distinta á da materia na clase.

Así, o voceiro do PSdeG no Parlamento, Abel Losada, reclamou “a derrogación do decreto do galego e do conselleiro de Educación” e advertiu do "perigo e gravísima irresponsabilidade" a "chamada á insubmisión desde o poder político", logo de que o Goberno de Feijóo anunciase que continuará elaborando a enquisa entre as familias malia a sentenza xudicial e que non pensa reformar en nada a polémica norma lingüística.

O PSdeG advirte da "gravísima irresponsabilidade" da Xunta por "chamar á insubmisión desde o poder"

"A Xunta acúa con chulería e displicencia", queixáronse os socialistas, que lembrou que o Executivo "ten fundamentalmente que cumprir coa lei". "Ninguén está por riba da lexislación vixente, nin sequera en aras dunha maioría absoluta” está por riba da lexislación vixente, nin sequera en aras dunha maioría absoluta”, dixo Losada.

No mesmo sentido, o voceiro parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, aproveitou a súa comparecencia para insistir tamén en que Feijóo debe rectificar e tomar nota da sentenza do TSXG sobre o decreto do galego. "Debe derrogalo e debe prescindir de Jesús Vázquez como conselleiro na conformación do novo Goberno", insistiu.

"Non´e de recibo valorar a sentenza ao peso porque o TSXG anula os dous artigos máis definitorios da política lingüística do PP"

Para Jorquera, "non é de recibo" que a resposta do Executivo á sentenza fose unha valoración “ao peso, porque só anula dous artigos”, pois lembrou que eses dous artigos son precisamente os máis definitorios da política de “aniquilación lingüística” do PP.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.