Para CC.OO. a continuidade de Mosquera como conselleira é "un apoio á privatización da sanidade" pública

A conselleira Rocío Mosquera, nunha visita a un hospital © Xunta

Comisións Obreiras afirma que a continuidade de Rocío Mosquera como conselleira de Sanidade constitúe a confirmación do apoio de Feijóo aos recortes e á privatización do sistema sanitario público. 

O sindicato tamén sinala que no tempo que exerceu como conselleira, Mosquera amosou "fidelidade ás súas orixes privadas" -procede de POVISA-

A Federación de Sanidade de CC OO de Galicia denuncia que na última lexislatura se recortaron os cadros de persoal e os dereitos laborais e da cidadanía no que atinxe ao Servizo Galego de Saúde. Aumentaron tamén de xeito "escandaloso" as listas de espera, ademais de aplicar o repagamento. O sindicato tamén sinala que no tempo que exerceu como conselleira, Mosquera amosou "fidelidade ás súas orixes privadas" —procede de POVISA— introducindo fórmulas de xestión privada, como no caso do novo hospital de Vigo, en varios centros de saúde e en múltiples servizos. Tamén incrementou os concertos e deteriorou a calidade do servizo público para beneficiar o privado.

Fronte a isto, CC OO reivindica o carácter público, gratuíto e universal do sistema sanitario e afirma que para iso "cómpre tamén un investimento adecuado, e o Estado español é dos que menos orzamento destina de entre os países da súa contorna".

A conselleira Rocío Mosquera, nunha visita a un hospital © Xunta

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.