A 30 por hora nas cidades?

Dominio Público Praza Pública

Xosé Veiras dá conta no blog de ecoloxismo social e biodiversidade Un Claro no Bosque da iniciativa para reducir o límite de velocidade nas zonas urbanas

“Estabelecer unha limitación de  velocidade de 30 km/h é un xeito económico de mellorar a seguridade, rebaixar a contaminación e estimular o uso de mellores modos de transporte”. Así pensan as organizacións promotoras dunha Iniciativa Cidadá Europea (ICE) a favor de fixar unha velocidade máxima estándar de 30 km/h en todas as vilas e cidades da Unión Europea “-aínda que os municipios manteñan a capacidade de estabelecer excepcións cando for preciso-”.

A ICE é unha nova ferramenta política da Unión Europea que precisa a recolla dun millón de sinaturas de cidadáns e cidadás durante un ano en polo menos 7 Estados membros. Se se atinxen as sinaturas precisas, os promotores poderán pedir á Comisión Europea que faga unha proposta lexislativa. No Estado español, onde a ICE foi lanzada por Ecoloxistas en Acción, Stop Accidentes, Andando e Conbici, o obxectivo é conseguir 50.000 sinaturas, a través da web da campaña .

 

Cidades máis habitábeis, seguras e sustentábeis

A implementación desta proposta tornaría as cidades e vilas máis habitábeis, seguras, limpas e sustentábeis

A implementación desta proposta tornaría as cidades e vilas máis habitábeis, seguras, limpas e sustentábeis. Reduciríase o número de persoas atropeladas e a gravidade das lesións, favoreceríanse a marcha a pé e o uso da bicicleta, aforraríase enerxía e diminuiría o ruído e a contaminación atmosférica. Dous de cada tres residentes en cidades españolas medias ou grandes viven en ambientes sonoros considerados inaceptábeis para a saúde. En Galicia, a práctica totalidade da poboación urbana respira aire sucio.

Segundo os promotores da campaña no Estado español, “aínda que o límite oficial actual sexa de 50 km/h, resulta perigoso circular a velocidades superiores aos 30 km/h. Un límite xeral evitaría circulacións perigosas, favorecendo unha mudanza de actitude nos condutores ao asumiren que non se debe superar nunca ese tope. É, en definitiva, un límite exemplarizante”.

 

Pontevedra pioneira

Pontevedra, foi pioneira en España na xeralización do límite de velocidade de 30 km/h

Unha cidade galega, Pontevedra, foi pioneira en España na xeralización do límite de velocidade de 30 km/h, polo que recibiu en 2010 o Premio Nacional de Seguridade Viaria que concede a “Fundación para la Seguridad Vial”.

Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.