Os milleiros de estafados polas preferentes manifestaranse este sábado en Lugo

Mobilización do BNG diante da sede de NCG-Banco na praza Maior de Lugo © BNG

As plataformas de afectados polas preferentes e as subordinadas de toda Galicia participarán este sábado nunha manifestación en Lugo, que comezará ás 11 da mañá na delegación administrativa da Xunta na ronda da Muralla e concluirá tamén neste lugar. A marcha coincidirá con outras mobilización en Sevilla, Cáceres, Valencia ou Madrid. Calcúlase que a estafa afecta a sesenta mil persoas en Galicia, agrupadas en 24 organizacións.

A marcha coincidirá con outras mobilización en Sevilla, Cáceres, Valencia ou Madrid

A plataforma que agrupa os afectados en Lugo, que convoca a manifestación, afirma que alén desta marcha non descarta novas accións coma peches en entidades bancarias, caixeiros ou concellos, coma os que ainda se manteñen en Cangas, Gondomar ou O Rosal.

O BNG xa fixo público o seu apoio a esta manifestación a través do seu voceiro no concello de Lugo, Antón Bao. Bao amosou a súa solidariedade con estas persoas e cos demais afectados e lembrou as numerosas iniciativas que o BNG tiña plantexado en diferentes ámbitos institucionais. Neste senso Carlos Aymerich visitou o Concello do Rosal para acompañar as persoas pechadas no salón de plenos, que reclaman unha rápida solución aos seus casos e poder recuperar os cartos investidos. Hai uns dias foi Carme Adán a que se desprazou ao Rosal. 

Carlos Aymerich visitou o Concello do Rosal para acompañar as persoas pechadas no salón de plenos

Aymerich informou sobre unha proposición non de lei coa que insta ao Goberno a asegurar, con todos os medios ao seu alcance, a devolución aos afectados polas preferentes, subordenadas e outros híbridos financeiros da totalidade dos cartos que lles foron estafados. Asemade, a iniciativa do BNG tamén propón que se impugne a Lei 9/2012 de reestructuración de entidades de crédito e os Planos recién aprobados polo Banco de España e a Comisión Europea, en defensa das competencias e dos intereses dos aforradores.

Mobilización do BNG diante da sede de NCG-Banco na praza Maior de Lugo © BNG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.