Unha noite de palabra e música para implicarse

Cartaz do evento © Implicadas/os no Desenvolvemento

Implicadas/os No Desenvolvemento celebra a sétima edición do festival Implícate! Noite de música e palabra solidaria. Será o 13 de xaneiro no Teatro Principal de Santiago de Compostela a partir das oito da tarde, nunha gala presentada por Yolanda Castaño e Luís Tosar. O obxectivo é facer un chamamento á solidariedade das galegas e galegos, unindo nesa noite a cultura galega e a solidariedade galega. O propósito principal deste evento é dar a coñecer o traballo desta organización de cooperación ao desenvolvemento galega, invitar ao público a ver o mundo con outros ollos, a reflexionar, e a cambiar o mundo, dende Galicia, dende a conciencia crítica e a acción clara.

O festival contará coa participación de Budiño, Sés, Xoán Curiel, Quique Peón, Carlos Negro, María Canosa, Eva Veiga, Anxo Angueira, Roberto Vilar, Rubén Ríos e Estíbaliz Veiga

O festival contará coa participación de Budiño, Sés, Xoán Curiel, Quique Peón, Carlos Negro, María Canosa, Eva Veiga, Anxo Angueira, Roberto Vilar, Rubén Ríos e Estíbaliz Veiga.

Implicadas/os no Desenvolvemento busca doazóns para cubrir gastos de organización do festival Implícate! que ascende a 2.500 euros. Unha opción para colaborar é, por suposto, mercar a entrada, cun custe de 12 euros (8 para os e as estudantes). Tamén está dispoñible unha fila cero (cunha achega mínima de 5€) para as persoas que non poidan asistir ao evento pero desexen facer a súa achega. E igualmente pódese facer unha doazón directa a través de transferencia bancaria na conta de Implicadas: NOVA CAIXA GALICIA: 2080 0531 11 3040010798.

Cartaz do evento © Implicadas/os no Desenvolvemento

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.