Aviso para a comunidade de Praza

Dominio Público Praza Pública

Entre os preto de 400 doantes de Praza Pública hai uns 50 dos que non temos os seus datos de contacto. Se ao longo de 2012 fixeches unha achega e non recibiches un correo noso estes días, para poder declarar a túa achega co dereito ao 25% de dedución fiscal no IRPF debes enviarnos o teu nome completo e DNI antes do 17 de xaneiro ao enderezo comunidade@praza.com

Lembra que podes facer a túa achega económica para axudar a que Praza sexa cada vez mellor a través desta páxina.

Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.