Denuncian a pasividade das administracións ante o bloqueo da estrada máis transitada do Courel

Imaxe do estado actual da via © SOS Courel

A LUP-1301, que une Seoane do Courel co hospital do Cebreiro e a autovía atópase cortada, segundo SOS Courel, que denuncia a situacion de illamento na que se atopa a zona nestes momentos. A asociación lembra que esta estrada comezou a reformarse no ano 2003 e que "aínda falta a metade" e que a vía "tiña que ser autonómica pero de xeito inexplicábel segue nas mans da Deputación". Tamén salienta que en varios momentos no pasado se denunciou o estado da estrada e os traballos de reforma mal realizados.

A LUP-1301, que une Seoane do Courel co hospital do Cebreiro e a autovía atópase cortada, segundo SOS Courel, que denuncia a situacion de illamento na que se atopa a zona nestes momentos

A estrada está cortada por mor da chuvia que caeu na última semana. Xa o venres pola tarde dende Pena Ferreira desprenderonse varios miles de toneladas de terra, pedras e vexetación, que despois de percorrer máis dun quilómetro baixaron a encorar o Río Lor, cortando ao seu paso a estrada de Seceda, e logo a LU-651 no seu quilómetro 28.5. As dúas estradas permaneceron cortadas un día enteiro. Finalmente a enchenta do Lor desfixo o encoro e axudou a librar a estrada. Segundo SOS Courel este mesmo desprendemento xa ocorrera hai máis de trinta anos debido a que as pistas que baixan da Serra da Escrita verten as augas das súas cunetas nunha pista abandonada que se dirixe ao abismo de Pena Ferreira, enchoupando bolsas de terra

A asociación conclúe que "unha vez máis levarán a culpa os deuses, a choiva, a cicloxénese e a mala sorte"

SOS Courel denunciou ante as administracións "a falta de estudos ambiental e xeotécnico e outra serie de irregularidades" e no 2011 repetiu as denuncias ante a Garda Civil. As fendas que veñen de obrigar a cortar a estrada producíronse na saida de Piñeira cara a Seoane, nunha zona de subsidencia xeralizada, un fenómeno provocado porque "cando se reformou a estrada se recheou de terra mal compactada, á que non se lle engadíu material rochoso suficiente para darlle solidez", segundo a asociación. SOS Courel engade que "para colmo de males o sistema de drenaxe está descoidado, e nos días previos a formación das fendas a cuneta ocupouse por unha pequena freita e unha árbore, a auga viuse obrigada a sair da cuneta e percorre o asfalto ate verter por fóra".

A asociación conclúe que "unha vez máis levarán a culpa os deuses, a choiva, a cicloxénese e a mala sorte".

Auga caendo por pistas forestais © SOS Courel
A resurrección dun manancial que fora tapado con entullos acabou por fender o asfalto © SOS Courel

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.