Á mina de Corcoesto sáenlle "amigos"

Corcoesto, na actualidade CC-BY-SA Salvemos Cabana

Vén de nacer a asociación Corcoesto Sí, Mina Sí para defender o proxecto da multinacional canadiana Edgewater Exploration. Esta plataforma segue o discurso da empresa e da Xunta e afirma que a explotación creará emprego na comarca e mellorará a situación económica do veciños. Aseguran ter reunido nunhas poucas semanas ao redor de dúas mil sinaturas a favor do proxecto mineiro, unha cifra que con todo fica moi lonxe dos 21 mil apoios que suman os grupos contrarios á mina.

A entidade asegura ser "un movemento veciñal, afastado da política e dos intereses da mesma cuxo único obxectivo é dar a coñecer outro punto de vista a favor da explotación mineira nas súas terras"

A entidade asegura ser "un movemento veciñal, afastado da política e dos intereses da mesma cuxo único obxectivo é dar a coñecer outro punto de vista a favor da explotación mineira nas súas terras” e di nacer “para impulsar o desenvolvemento económico da parroquia”. A asociación critica ademais os grupos e entidades contrarias á mina e afirma que empregan "argumentos demagóxicos” e que "nada teñen que ver coa realidade do proxecto". Finalmente, aseguran que o proxecto “en ningún momento presenta aspectos que poidan danar o medio ambiente contando cun amplio estudo para a recuperación da zona unha vez terminada a explotación e sen poder causar dano ningún a calquera dos habitantes da zona”.

Corcoesto, na actualidade CC-BY-SA Salvemos Cabana

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.