“E ti de quén ves sendo?”, nove mulleres relatan a súa loita

Fotograma do vídeo elaborado polo BNG © BNG

O BNG presentou este mércores a súa campaña para o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, que ten como lema A Soberanía será Feminista ou non será. A formación defende a autonomía das mulleres como única alternativa para “unha vida digna”. A responsábel da Comisión de Acción Feminista, Goretti Sanmartín non se limitará exclusivamente aos actos do 8 de marzo senón que terá continuidade durante todo o mes con diversas actividades e lembrou que o Bloque apoiará todas as convocatorias do movemento feminista e os seus diferentes colectivos.

Tamén presentou un vídeo que recolle as experiencias de nove mulleres no traballo político, social e feminista de base. En E ti de quén ves sendo? participan África Sanmartín, Teresa Otero, Cristina Lerma, Wui Chem, Rocío Fraga, Rosa Gómez Reino, Sigrig Bouzón, Lola Outeral e Sabela Pena. Falan das súas motivacións para combater en distintas loitas así como da súa relación co nacionalismo. Goretti Samartín salientou que “o feminismo engloba: a defensa da terra, a  capacidade das mulleres para decidir sobre a súa vida, a reivindicación  dos dereitos lingüísticos, cívicos e políticos, tomar decisións sobre o propio corpo e todo isto lévamos a nós e a elas a falar de Soberanía”.

Fotograma do vídeo elaborado polo BNG © BNG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.