Os afectados polas preferentes protestan na Coruña a un mes do canxe por accións

Varios milleiros de afectados marcharon polas rúas da Coruña © Daniel Candal

Varios milleiros de afectados e afectadas pola estafa das preferentes participaron este sábado na Coruña nunha nova manifestación para pedir a devolución íntegra dos seus aforros. Chegados dende toda Galicia, marcharon dende a Praza de Ourense polo centro da cidade até a cidade, provocando un importante atasco circulatorio. 

Esta protesta, que sucede á que tivo lugar hai unhas semanas en Compostela, chega un día despois de que o presidente executivo de Novagalicia Banco, José María Castellano, comunicase que o canxe das preferentes por accións, cunha quita do 50%, se realizará a finais de marzo. Castellanos descargou no FROB e no Goberno e na UE a responsabilidade de que a vía da arbitraxe ficase pechada para milleiros destes aforradores. En calquera caso, está previsto que a arbitraxe se peche no momento en que as preferentes sexan canxeadas por accións. Nese momento a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) abrirá unha nova ferramenta de arbitraxe, que segundo as plataformas de afectados terá as mesmas limitacións que a posta en marcha pola Xunta hai meses.

A manifestación repetiu as mesmas reivindicacións presentes en anteriores marchas, centradas na denuncia do "roubo" e do sistema financeiro, a demanda da devolución dos aforros depositados nas antigas caixas e tamén na critica aos gobernos galego e español: "Goberno, escoita, seguimos na loita". Os manifestante lanzaron ovos contra a sede de Novagalicia Banco, que impactaron nas paredes e fiestras do edificio.

Ao remate da manifestación gardouse un minuto de silencio polo falecemento dun destes aforradores en Melide, que segundo os convocantes se tería suicidado pola súa sítuacíón económíca

Ao remate da manifestación gardouse un minuto de silencio polo falecemento dun destes aforradores en Melide, que segundo os convocantes se tería suicidado pola súa sítuacíón económíca. Sería o primeiro suicidio en Galicia dun afectado polas preferentes.

 

O BNG lembra que é "imprescindíbel modificar a norma que permite as quitas"

O Grupo Municipal do BNG lembra que no pasado Pleno ordinario de febreiro xa advertiu de que era ·imprescindíbel modificar a norma que permite as quitas·, que é a Lei 9/2012, de 14 de novembro, de reestruturación e resolución de entidades de crédito. Daquela o Grupo Municipal do BNG denunciara que a iniciativa presentada polo PP era "un lavado de cara" e que o Goberno municipal estaba a "mentirlles" ás persoas estafadas, ao lles asegurar que esta lei non lles afectaban aos particulares, senón só aos investidores.

Protesta dos afectados galegos polas preferentes © Daniel Candal
Manifestación dos afectados polas preferentes na Coruña © Daniel Candal

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.