Corcoesto podería ser o destino de residuos tóxicos de toda Galicia, segundo 'Salvemos Cabana'

Área de afectación do proxecto mineiro © SGHN

A Plataforma 'Salvemos Cabana' manifesta a súa "profunda preocupación" polo plan mineiro da Xunta, ao abeiro do que medran varios proxectos de minaría metalífera en toda Galicia. O colectivo alerta sobre todo sobre os perigos dos proxectos auríferos, que empregan grandes volumes de cianuro de sodio para obter o valioso mineral.

Tan só no proxecto mineiro de Corcoesto a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) aprobada pola Consellería de Medio Ambiente prevé o emprego de 546.000 kg anuais deste composto

Tan só no proxecto mineiro de Corcoesto a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) aprobada pola Consellería de Medio Ambiente prevé o emprego de 546.000 kg anuais deste composto. A plataforma pregúntase que cantidade de cianuro vai ser necesario usar se o número de proxectos mineiros se multiplica nos vindeiros anos e, sobre todo, cal vai ser o destino dos seus refugallos, moi contaminantes.

Denuncia que "a problemática asociada ao transporte do cianuro por estrada non está resolta", polo o que o problema "podería verse multiplicado" pois a Xunta "en ningún momento obrigou a Edgewater a subscribir unha garantía financeira que cubra economicamente e de xeito integral un accidente a gran escala". Salvemos Cabana alerta neste senso de que "no caso de que os mencionados proxectos chegasen a saír adiante, todo o territorio podería encontrarse nunha situación dantesca, no que inmensas cantidades de cianuro de sodio poderían transportarse a diario polas estradas galegas, cos conseguintes riscos ambientais e para a saúde da poboación".

A plataforma pregúntase cal sería a cantidade total de refugallo cianurado, sumados todos os posibles proxectos mineiros, "e en especial onde se prevé o seu almacenamento"

A plataforma pregúntase cal sería a cantidade total de refugallo cianurado, sumados todos os posibles proxectos mineiros, "e en especial onde se prevé o seu almacenamento" e advirte que é "previsible que o mineral poida ser tratado en Cabana de Bergantiños" se o proxecto é finalmente aprobado pola Xunta de Galicia.

Gráfico que recolle as magnitudes que moverá a mina de ouro de Corcoesto © SGHN

Despece

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.