O persoal contra o lume mostra a súa desconformidade co Plan Pladiga da Consellería

Brigadistas de Medio Rural, coas súas fundas de traballo © Xunta

A Plataforma acusa á Consellería do Medio Rural e do Mar de improvisación, xa que presentou o Pladiga o pasado 27 de maio cando “un plan que atende á prevención e extinción de incendios forestais debe ser aprobado a comezos de cada ano e non pouco antes da campaña de alto risco”. Ademáis, manifestan o seu descontento dado que a Consellería non consultou nin informou  ás organizacións sindicais e profesionais directamente implicadas na loita contra o lume durante a elaboración deste Plan Pladiga. A Plataforma manifesta que a Consellería opta pola falta de diálogo cos profesionais, cuxas propostas son ignoradas. “O Plan Pladiga debería ser o resultado dun consenso no que participen tódolos axentes implicados na defensa do monte galego co obxectivo de retirar a loita contra o lume do ámbito partidista e consensuar unha verdadeira política forestal na que prime a prevención, a conservación e a posta en valor do noso medio ambiente.  Con este documento, o goberno galego, opta polo camiño contrario, ou sexa, pola imposición dun modelo errado”

Ademáis, a Plataforma denuncia a privatización que a Consellería está levando a cabo coas brigadas helitransportadas ó adxudicar ás empresas Inaer-Natutecnia o concurso para que aporten as brigadas ata o ano 2015. A consellería desentendese das advertencias dos profesionais de que esta privatización tan só supón unha  redución da calidade do servizo e unha precarización das condicións da man de obra contratada.

O Plan Pladiga deste ano inclúe a creación dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), con 25 grupos en toda Galicia, e a recuperación das brigadas municipais a pesar de que o dictame da comisión encargada de investigar a baga de lumes do 2006 recomendou a sua eliminación co fin de avanzar cara a profesionalización do servizo e o establecemento dun mando único dado que según o dictame “a falta dun mando único de control engadiu dificultades ás tarefas de extinción”.

Brigadistas de Medio Rural, coas súas fundas de traballo © Xunta

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.