0 Gardados para despois

As plataformas de Deza, Carballiño, Piñor e Irixo camiñaron até a localización proxectada da incineradora

Redacción | @prazapublica

Ducias de persoas de distintos colectivos das comarcas afectadas por esta instalación, agrupadas nas plataformas de Deza, Carballiño, Piñor e O Irixo, percorreron uns doce quilómetros até os montes comunais do Coto do Marco nos que está prevista a construción da planta. O roteiro rematou cun xantar conxunto e a levtura colectiva do Manifesto do Irixo.

A pesar de que nas últimas semanas a Deputación de Ourense, incluído o Partido Popular, se manifestou en contra desta localización para a incineradora, e de que mesmo o Goberno galego deixou ver algunhas dúbidas sobre o emprazamento, a mobilización dos colectivos opostos á planta non se reduce. De feito, a indefinición sobre o lugar escollido fai que calqueras dos concellos próximos ao Irixo (ou o propio Concello do Irixo noutra localización) teña posibilidades de acoller a instalación.

Roteiro do Irixo

Roteiro do Irixo

Roteiro do Irixo

Roteiro do Irixo

Roteiro do Irixo

Roteiro do Irixo

Roteiro do Irixo

Lectura do Manifesto do Irixo

Roteiro do Irixo

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.