0 Gardados para despois

As testemuñas da defensa inciden en que a protesta contra os gaseiros foi dirixida polo Comité Cidadán

Marcos Pérez PenaMarcos Pérez Pena | @marcosperezpena


O xuízo contra os mariscadores de Ferrol quedou listo para sentencia, coa retirada dos cargos para un deles e a rebaixa da pena solicitada para o resto. A Fiscalía pide para un dos imputados a absolución e rebaixa á metade a petición inicial de condena para os restantes (18 meses para Bernardo Bastida, expatron maior e 12 meses para os outros seis). A defensa, conducida por Nemesio Barxa e Jesús Porta solicita a absolución. Aínda que inicialmente estaba previsto que o macroxuízo se prolongase durante tres días, as defensas dos acusados renunciaron a varias testemuñas, polo que foi posible que se presentasen tamén as conclusións

Na segunda xornada do xuízo declararon unha ducia de membros do Comité, entre eles Yolanda Díaz, portavoz de Esquerda Unida; Manuel Rodríguez Carballeira, coordinador do Comité; Xoán Francisco López Pérez, sindicalista; Luz Marina Torrente, presidenta de la AVV de Mehá; Rafael Pillado; Jaime Gabarri, armador; Carlos Álvarez Feal, enxeñeiro industrial; Alexandre Carrodeguas; Eliseo Zaera, que daquela era presidente do Ateneo; Santiago Bouza Lamas, armador; Lupe Cés; Umberto Fidalgo, vicepresidente de Adega-Trasancos; Santiago Sendón, armador; Manuel Rodríguez, mariscador; e José Luis García Rodríguez, mariñeiro.

Todos eles declararon que participaron na protesta en igual medida que os mariscadores denunciados e que os mariscadores asistiron ás mobilizacións convocados polo Comité Cidadán

Todos eles declararon que participaron na protesta en igual medida que os mariscadores denunciados, que os mariscadores asistiron ás mobilizacións convocados polo Comité Cidadán, xunto con máis dun cento de persoas que non foron procesadas a pesar de ser recoñecibles, moitas delas, nos vídeos e fotos achegadas pola Garda Civil e de autoinculparse unha boa parte delas, e que as decisións de mobilización correspondían á asemblea cidadá, adoptándose por maioría dos seus membros.

Lembraron que outros actos de protesta nos que tomou parte o colectivo de mariscadores non foron levados aos tribunais "e que isto sucede no presente pola afectación da ilegal Reganosa"

Así mesmo, concluíron que o obxecto da mobilización era "romper o silencio informativo" e chamar a atención "sobre as ilegalidades cometidas na instalación da Planta de Gas de Reganosa no interior da Ría de Ferrol, que carece de Declaración de Impacto Ambiental segundo testemuñan dúas Sentenzas do TSXG". Finalmente, lembraron que outros actos de protesta nos que tomou parte o colectivo de mariscadores non foron levados aos tribunais "e que isto sucede no presente pola afectación da ilegal Reganosa".

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.