Denuncian anomalías nas probas para as brigadas antiincendios

Brigadistas de Medio Rural, coas súas fundas de traballo © Xunta

Un veciño de Lalín asegura que quedou fóra das prazas convocadas para formar parte de los equipos de brigada antiincendios, despois de que no baremo de cualificación por méritos lle outorgasen unha nota moi inferior á que acreditaba. Tan só polo seu título de FP2 correspondíanlle dos puntos, aos que había que sumar case outro tanto pola súa experiencia laboral específica en reténs e postos de vixilancia. Porén, a súa puntuación final neste apartado foi de 1.86 puntos. Finalmente foi o noveno candidato con mellor puntuación, cando se ofertaban seis prazas.

Eses dous puntos que reclama colocaríano entre os candidatos escollidos. Cando reclamou esta circunstancia, informárono de que non superara unha proba fisica, segundo informou para Praza Pública. Os membros da brigada comezaron a traballar este 1 de agosto e fontes sindicais comunicáronlle que a resolución da súa reclamación seguramente se adiará durante semanas, facendo imposible que se incorpore á brigada este verán.

Asegura que houbo outros candidatos moi molestos co resultado dos baremos e que cando se achegaron ao Concello para reclamar, foron despachados con excusas pouco sólidas. Tamén denuncia que as probas teóricas non se axustaban en absoluto ao perfil buscado na convocatoria: "vixilancia, prevención e defensa contra incendios forestais". Porén, as preguntas do exame versaban sobre "cadros eléctricos e po de aluminio". Critica igualmente o contido das probas fisicas, consistente nunha roza de xestas, e na que ademais todos os candidatos obtiveron a puntuación máxima, independentemente do seu rendemento.

 

Brigadistas de Medio Rural, coas súas fundas de traballo © Xunta

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.