"Pescar o xusto, contaminar o mínimo e reanimar as economías locais"

O veleiro Diosa Maat CC-BY-SA Ecologistas en Acción

O veleiro Diosa Maat atracou o pasado venres na Coruña con membros de Ecologistas en Acción a bordo co obxetivo de reivindicar unha pesca sostible a través de diversas actividades para concienciar a cidadanía sobre o consumo responsable así como con varias conversas con representantes da cofradía. Falaron dos problemas da contaminación, da competencia desleal e dunha lexislación chea de trucos: "O obxetivo principal é apoiar a pescar artesanal, a que menos impacto ten no medio ambiente e a que máis emprego produce para as localidades, ademais de protexer o ecosistema para favorecer a súa supervivencia" afirma Lucía Martínez, portavoz de Ecologistas en Acción. 

"Temos que traballar para saír a pescar o xusto" dixo Manuel Cao, patrón maior da Cofradía da Coruña, "nós non somos exterminadores" corroborou Luis Dopico, experto en artes menores da mesma cofradía: "interesanos protexer o ecosistema mariño para que nos siga dando de comer".

"Interesanos protexer o ecosistema mariño para que nos siga dando de comer"

Ao igual que en Galicia, Ecologistas en Acción está percorrendo as costas e portos de Euskadi, Cantabria e Asturias co lema "por unha costa sa e unha pesca con futuro" para recordar que é preciso apostar polo local e sostible. 

O furtivismo e a contaminación figuran entre os grandes problemas aos que se enfrentan os pescadores, pero afirman que o maior de todos eles segue a ser a lexislación, que a atopan "anticuada" no caso de Galicia e pouco apropiada para protexer os caladoiros galegos e os intereses dos pescadores artesanais, xa que consideran que para as administracións é máis sinxelo negociar con poucos e grandes empresarios que con unha multitude de pescadores. "Se seguimos así, en 2020 o 2025 toda Galicia será acuicultura", advertiu Manuel Cao. Luis Dopico manifestou que "hai que acabar co paripé dos protocolos nacionais e internacionais para a protección da pesca de baixura, mentras se siga incluíndo na letra pequena que non é vinculante, non servirán de nada". Cren que mentres se siga permitindo a sobreexplotación, a pesca industrial seguirá sendo unha competencia desleal para a pesca artesanal e sobre todo, unha ameaza para o mar

O furtivismo e a contaminación figuran entre os grandes problemas aos que se enfrentas os pescadores, pero afirman que o maior de todos eles segue a ser a lexislación, que a consideran "anticuada" no caso de Galicia

Ecologistas en Acción defende que as artes menores xeran máis traballo e riqueza local, un argumento que corroboran os pescadores coruñeses: "unha tonelada capturada por un arrastreiro da traballo aos seis tripulantes do barco e a un armador, despois véndese a un só exportador", explicou, "en cambio, esa tonelada pode ser capturada por 10 barcos de baixura, con 2 ou 3 tripulantes cada un e varios armadores, que venderán as capturas de xeito fraccionado en mercados locais e peixarías e contaminarán menos pola potencia das súas embarcacións. Son 6 familias frente a 25 gañando a vida coa mesma cantidade de peixe" concluíu Dopico.  

O Diosa Maat continuará a súa defensa "por unha costa sa e unha pesca sostible" a proxima fin de semana na localidade de Muros, onde rematará a sua campaña que promove "pescar o xusto, contaminar o mínimo, reanimar economías locais" que obtivo "unha gran participación e colaboración da cidadanía" segundo explicou Lucía Martínaz. O veleiro voltará a Galicia en setembro para facer unha actividade nas Illas Cíes en colaboración coa Xunta. 

O veleiro Diosa Maat CC-BY-SA Ecologistas en Acción

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.