0 Gardados para despois

A crítica á incineradora chega ao Parlamento Europeo

Redacción | @prazapublica

Ana Miranda denunciou este xoves no Pleno do Parlamento Europeo que o Goberno galego está incumprindo a lexislación da Unión Europea en materia de xestión de residuos, ignorando a normativa que recomenda a "prevención, reciclaxe e reutilización" como sistemas "prioritarios", mentres sinala a incineración como "ultima opción". Miranda salientou que Galiza "xa incinera o 42% do lixo que xenera" e que a proxectada pranta no Concello do Irixo "consolida a incineración como sistema hexemónico no tratamento de residuos", ignorando os postulados da Directiva sobre Xestión de Residuos e Directivas afíns nos Estados Membros da Unión Europea.

O BNG tamén denunciou no Parlamento que a proxectada planta de incineración para o sur de Galiza tampouco cumpre co requisito de "avaliación de impacto medioambiental" preceptivo segudo a lexislación europea, "ao optar por un procedimento abreviado" posible grazas aos cambios normativas introducidos pola Xunta, "e todo iso sendo unha instalación prevista para incinerar a metade dos residuos que produce unha poboación de 3 millóns de habitantes", recalcou.

Ana Miranda realizou, en galego-portugués, a súa primeira intervención no plenario, despois de que hai unhas semanas tomase posesión do seu escano, e de que xa intervira en comisión.

Intervención de Ana Miranda no Parlamento Europeo sobre a incineración de residuos

Dominio público http://www.youtube.com/user/anamirandaBNG

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.