CC.OO. acusa a Feijoo de "mentir" ao dicir que se ampliou o dispositivo contra incendios

Feijóo, nunha visita a brigadistas de Medio Rural © Ana Varela

O Sector Autonómico de CCOO cualifica de "engano á cidadanía" e “insulto aos traballadores" as últimas declaracións da conselleira de Medio Rural e do presidente da Xunta nas que afirmaban que "por primeira vez se amplía o dispositivo contra incendios forestais durante o mes de outubro”.

"A desorganización na posta en marcha do dispositivo" fixo que os contratos, de tres meses, da maioría das brigadas municipais non comezasen até comezos de agosto

O sindicato explica que o feito de que os contratos de parte do dispositivo cheguen até outubro se debe unicamente a que "a desorganización na posta en marcha do dispositivo" fixo que os contratos, de tres meses, da maioría das brigadas municipais non comezasen até comezos de agosto. Polo tanto, os contratos non foron ampliados. CC.OO. tamén denuncia que estas brigadas foron conveniadas cos concellos "principalmente para desbrozar en réxime de semi-excravitude (cada brigada ten que rozar 5 ha) e como tarefa secundaria estarían para colaborar na extinción de incendios".

A central salienta que, no entanto, quen si continúan traballando son as brigadas privadas de NATUCTENIA, TRAGSA ou INAER. E conclúe que "se liquidan as brigadas propias e se seguen mantendo os negocios privados"

CC.OO. considera igualmente "un paradoxo" que mentres tanto o persoal laboral fixo descontinuo do servizo público de extinción (SPDCIF) será despedido o día 30 de setembro, "polo que non se lle amplía ningún día de contrato". O sindicato denuncia que "a pesar da vaga de lumes destes últimos días en A Merca, Paderne de Allariz, Maside, e outras localidades de Galicia, con lumes de nivel 1, este persoal propio da Consellería de Medio Rural, xa estaba case todo de vacacións para seren finiquitados antes de finais de mes". A central salienta que, no entanto, quen si continúan traballando son as brigadas privadas de NATUCTENIA, TRAGSA ou INAER. E conclúe que "se liquidan as brigadas propias e se seguen mantendo os negocios privados".

O sindicato tamén lembra que no SPDCIF hai "entre prazas de laborais e funcionarios mais de 200 postos sen cubrir"

O sindicato tamén lembra que no SPDCIF hai "entre prazas de laborais e funcionarios mais de 200 postos sen cubrir", polo que mais do 50% das brigadas da Xunta de Galicia están incompletas, e algunha delas, compostas por unicamente tres membros, "o que resulta inoperativo a mais de incomprensible, pois temos o persoal anotado nas listas de contratación da Xunta de Galicia, coas probas físicas e o recoñecemento médico superado, pendentes destas contratacións que nunca chegan".

Feijóo, nunha visita a brigadistas de Medio Rural © Ana Varela

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.