"Quen quere aforrar cartos en protexer a terra ten responsabilidade"

Algunhas persoas achegáronse xa o luns a coñecer o estado das Fragas © César Galdo

Praza estivo nas Fragas do Eume cando xa pasara o peor do lume e falamos con veciños e activistas. Por que se queimaron? Quen son os responsables? Que se debe facer para recuperalas?

A Plataforma para a Defensa das Fragas vén de crear unha lista de voluntarios e voluntarias para colaborar coa administración e os propietarios nas labores inmediatas conducentes a minimizar e paliar no posible os efectos do lume, que se presentarán este mércores ao mediodía diante do director do Parque Natural.  

A Plataforma para a Defensa das Fragas vén de crear unha lista de voluntarios e voluntarias para colaborar coa administración e os propietarios nas labores inmediatas

Así mesmo, entregaralle ao un documento con oito reivindicacións concretas que solicitan que cumpra o Goberno galego. En primeiro lugar, piden unha investigación exahustiva das causas que provocaron o incendio e das actuacións levadas a cabo na prevención e extición do mesmo tomando medidas de depuración de responsabilidades políticas. Tamén reclaman a adopción inmediata de medidas e accións conducentes a minimizar e paliar no posible os efectos do incendio no ecosistema do Parque Natural e que se garanta en todo momento o caudal ecolóxico do Río Eume e afluentes.

Tamén demandan o aumento de recursos materiais e humanos (beneficiando na medida do posible os propietarios e veciños do parque) para a prevención e extinción do lume nas Fragas do Eume e a recuperación do posto de vixianza no Parque. E exixen a elaboración urxente e inmediata do obrigado Plan Rector de Usos e Xestión do Parque, asi como o programa forestal coa súa correspondente dotación económica, consensuados cos propietarios, organizacións ecoloxistas e outros colectivos. Pídese igualmente que se leven a cabo as xestións necesarias para rematar co conflicto social existente entre os propietarios e a Xunta desde a creación do parque.

A Plataforma reclama a retirada da Lei de Montes e unha nova xestión do lume, máis centrada na prevención

Ademais, solicítanse dotacións económicas especificas nos orzamentos da Xunta de Galicia de partidas destinadas para a protección e posta en valor dos espazos protexidos, nomeadamente o Parque Natural das Fragas do Eume. Finalmente, reclaman a retirada da Lei de Montes en trámitación parlamentaria "por non apostar pola diversificación dos usos do monte e sí pola entrega do mesmo aos monopolios da madeira e o fomento do monocultivo (fundamentalmente do eucalipto)" e a modificación da "política do lume", centrando máis os esforzos públicos na prevención e non na extinción.

Dominio Público TingaLaranga AudioVisual

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.