0 Gardados para despois

Síndrome de Down: A súa vida tampouco ten límites

Diego Mariño Román


O pasado 21 de marzo tivo lugar o día internacional do Síndrome de Down, afección que por primeira vez conta cun día exclusivamente propio. O Síndrome de Down é un trastorno xenético causado por unha copia extra do cromosoma 21 (ou unha parte do mesmo) en lugar dos dous habituais (trisonomía do par 21). Este trastorno é o responsable das alteracións de tipo morfolóxico, bioquímico e funcional que se producen en diversos órganos, especialmente no cerebro, durante distintas etapas da vida.

Numerosas fundacións traballan con persoas que padecen este trastorno en todo o mundo. En Santiago de Compostela destaca a fundación “Down Compostela” que o pasado 21 de marzo celebrou o día internacional do Síndrome de Down dunha maneira moi especial. A fundación instalou dúas mesas informativas no Hospital Clínico de Santiago de Compostela e na praza do Toural. Estas mesas estaban constituídas por integrantes da fundación e traballadores da mesma. Os novos usuarios da fundación tamén participaron mediante a lectura do Manifesto do Día Mundial do Síndrome de Down, que tivo lugar ás 11 da mañá no Pazo de Bendaña.

A actividade da fundación finalizou ás oito co acto máis importante, a entrega de premios Down outorgados a Sofía Cebro Seijo, Julio Castro Marcote e ó Concello de Santiago. A entrega de chapas conmemorativas ó largo do día foi constante.

“Down Compostela” constituíuse oficialmente no ano 2006 coa finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas con Síndrome de Down ou outras discapacidades intelectuais

Hoxe en día xa é habitual ver a mozos e adultos con Síndrome de Down, ou outras discapacidades, traballando en empresas ordinarias, estudando en institutos e colexios ou formando incluso as súas propias familias. Estes resultados non son una casualidade. Son o froito do traballo de fundacións coma a “Down Compostela”, que se constituíu oficialmente no ano 2006 coa finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas con Síndrome de Down ou outras discapacidades intelectuais. Esta fundación está integrada pola Asociación Down Compostela, o Concello de Santiago de Compostela, a Universidade de Santiago e a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela. Só con esta unión de esforzos pódense conseguir grandes metas.

Down Compostela leva a cabo diferentes actividades para os usuarios da asociación. Algunha delas é o inicio nas novas tecnoloxías, nas que as persoas que padecen síndrome de down afianzan mellor o aprendido cando o soporte é visual. Mediante este programa os rapaces e rapazas adquiren, a través de medios tecnolóxicos, contidos escolares e de formación profesional que lles serán de grande axuda no seu futuro próximo. Os usuarios de Down Compostela necesitan a supervisión de alguén que entenda de materia tecnolóxica, e o gran problema destas actividades é que a maioría dos responsables destas persoas non teñen capacidades dixitais. A asociación tenta introducir aos pacientes ás novas tecnoloxías para que poidan axudar aos usuarios na casa e así avanzar e aproveitar a as vantaxes que ofrecen.

A inserción laboral é outras das actividades das que se ocupa a asociación

Outra das actividades das que dispón esta asociación é a psicomotricidade. A través de esta actividade os rapaces adquiren un dominio consciente do propio corpo, das nocións espaciais e temporais e da súa impulsividade. Este programa axuda os integrantes de Down Compostela a interiorizar conceptos relacionados coa linguaxe, matemáticas, conduta, expresión corporal, etc.

A inserción laboral é outras das actividades das que se ocupa a asociación. O Emprego con Apoio é un modelo de integración social que xorde ante a necesidade de loitar polos dereitos e intereses destas persoas. Finalmente estas persoas acaban conseguindo unhas destrezas, habilidades e capacidades que facilitaranlle no futuro o seu desenvolvemento integral como persoas en sociedade.

As persoas con Síndrome de Down son capaces e demóstrano cada día

A axuda e a confianza depositada nas persoas con Síndrome de Down por parte desta fundación xunto co constante esforzo realizado por estas persoas fixeron posibles os logros actuais. As persoas con Síndrome de Down son capaces e demóstrano cada día. A fundación pon en marcha numerosas e variadas actividades para as persoas que padecen este trastorno. Estas actividades constitúen o Servizo de Promoción da Autonomía Persoal (SEPAP), que conta con programas con máis de 10 anos de experiencia, os cales prestan unha atención integral tanto a persoas con discapacidade como ás súas familias. A psicóloga que dirixe estes programas é Marta Rodríguez Lorenzo.

Grazas aos coidados e á atención actual, as persoas con Síndrome de Down poden sentirse coma outra persoa calquera. Todos somos iguais e iso é algo que convén recordar máis a miúdo. Os discapacitados son capaces coma ti e coma min.

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.