0 Gardados para despois

Galicia coida a súa sanidade na rúa

Redacción | @prazapublica

Algo máis que un toque de atención e moitísimo máis que unha protesta laboral. Milleiros de persoas culminaron este martes nas rúas das principais localidades galegas a folga xeral no Servizo Galego de Saúde. Mesmo por riba das expectativas, a ducia de cidades e vilas que acolleron as protestas acolleron verdadeiras riadas humanas contra os "recortes" e "privatizacións", unhas marchas que tiveron especial incidencia na Coruña, en Vigo, en Ferrol ou en Compostela.

Coa folga desdeñada pola Xunta dende antes do seu inicio, as organizacións sindicais calculan que o seguimento da protesta superou o 80%, moi por riba do 20% calculado calculado polo Goberno entre "trampas", din. Animadas pola resposta do persoal, os sindicatos sairon á rúa ao carón da cidadanía para advertir da necesidade de coidar a sanidade pública fronte a quen a quere "desmantelar, converténdoa nun nicho de negocio para empresas amigas, vendéndoa por pezas ao mellor postor".

Milleiros de persoas manifestáronse nas principais localidades galegas

"Non á privatización", "hai que recortar o Partido Popular" ou berros a favor da "sanidade universal" porque "ninguén é ilegal" foron a música de fondo dunhas protestas que resistiron con estoicismo o frío para advertir de que as medidas que a Xunta di que non existen xa están aquí. Como exemplos, citan paso a mans privadas da xestión de departamentos como "a plataforma loxística, cociñas e lavandarías, mantemento ou raios", os novos repagamentos ou a derivación masiva de doentes á privada mediante a lei de garantías, acabada de aprobar, converten a sanidade.

Feijóo mantén que a folga foi secundada por "moi poucas" persoas

O persoal sanitario, advirte, "non está disposto a participar" desta operación, tampouco a cambio de "incentivos ligados ao aforro" que son "pan para hoxe e fame para mañá". Horas antes das mareas humanas contra os "ataques" á sanidade Feijóo encargábase de minusvalorar a folga e as manifestacións. Despois de que a conselleira de Sanidade evidenciase que se trataba dunha folga "política" Feijóo reduciuna a unha mobilización "preventiva", toda vez que non hai "motivo para a preocupación". El, asegura, leva "vinte anos dedicándome á sanidade e dende entón se comenta que pode haber interese por privatizar a sanidade. Nada disto vai pasar e quen protestou foron "moi poucas" persoas.

Cabeceira da manifestación en Vigo

Multitude en Vigo

Por un hospital vigués público

Faixa da CIG contra os recortes, en Vigo

Lectura do manifesto en Vigo

Concentración final en Vigo

Cabeceira da manifestación na Coruña

Contra as privatizacións, na Coruña

Marea humana na Coruña

Sanidade para todos, na Coruña

Contra a privatización, en Ferrol

Cabeceira da marcha en Ferrol

Cabeceira da marcha na Mariña

Cabeceira da marcha na Mariña

Manifestación en Lugo

Cabeceira da marcha en Ourense

Pola sanidade pública en Compostela

Remate da marcha en Compostela

Manifestacións pola sanidade pública

Manifestación pola sanidade pública en Vigo

CC BY-NC-SA CIG-Avantarvideos

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.