Vinte e cinco primaveras para a cultura

CC-BY-SA Praza Pública

Resulta cando menos paradoxal celebrar unha semana cultural nun centro educativo. Logo o resto das semanas do curso, non están destinadas íntegramente a trasmisión de coñecementos culturais? De aceptarmos a definición  de cultura xurdida no século XX  da man da antropoloxía , que abrangue todos os fenómenos humanos que non son resultado da xenética, resulta evidente as limitacións da escola para achegarse a todas as expresións culturais posibles. Pero por tentalo que non sexa.

No IES Fontexería, de Muros, celébrase antes das vacacións do segundo trimestre escolar unha semana cultural coa que achegar ao alumnado esoutra cultura máis difícil de encadrar nos ríxidos curriculos escolares, pero que debería formar parte do patrimonio cultural de calquera persoa adulta. Lévase facendo 25 anos ininterrompidamente. E en educación no noso país, podemos afirmar sen moito temor a nos equivocar, poucas cousas, alén do profesorado, poden gabarse de sobreviviren este tempo.

“Hai cambios notables desde as primeiras edicións ata a actualidade, debidos fundamentalmente ás mudanzas do mundo nestes 25 anos e á enorme escaseza ou ausencia de actividades deportivas e culturais organizadas daquela polas administracións municipais de Muros e Carnota- explica Manolo Sendón, un dos primeiros responsables de organizar a semana cultural. Nas primeiras edicións agrupábanse nunha semana unha chea de actividades moi diversas, pero tamén era a culminación ou exhibición das que se desenvolvían con carácter permanente ao longo do curso: o grupo de teatro estreaba a obra que viñera ensaiando desde o inicio do curso, confluían no remate as ligas deportivas etc.

Destas xornadas culturais xurdiron iniciativas que deixaron a súa impronta non só no alumnado do centro, senon tamén en toda a comarca. “ O instituto foi pioneiro na posta en valor do patrimonio marítimo, a esencia patrimonial da nosa bisbarra.

Había daquela actividades que se desenvolvían desde setembro: teatro, radio escolar, laboratorio de fotografía, xadrez, deportes diversos… . Actualmente moitas desapareceron e, en xeral, minguaron. As razóns fundamentais son as xa indicadas: apenas había onde practicar moitos deportes fóra do instituto (comezábanse a construír os pavillóns polideportivos, os concellos apenas tiñan programación deportiva) e o mesmo sucedía coas máis das actividades culturais. O desenvolvemento da telemática e o medre das redes sociais, a aparición da fotografía dixital… fixeron que moitas desaparecesen ou mudasen. Tamén hai que ter en conta outros dous factores que están na base dos cambios: nos inicios da semana cultural no IES Fontexería: había o triplo de alumnado e tamén había unha maior implicación das familias ao seren conscientes da imposibilidade de desenvolveren os fillos e fillas esas actividades fóra do instituto.”

Destas xornadas culturais xurdiron iniciativas que deixaron a súa impronta non só no alumnado do centro, senon tamén en toda a comarca. “ O instituto foi pioneiro na posta en valor do patrimonio marítimo, a esencia patrimonial da nosa bisbarra. Nel déronse os primeiros pasos e madureceron iniciativas que logo trascenderon á veciñanza: as máis das actividades que se desenvolveron e seguen a desenvolverse a nivel veciñal neste ámbito tiveron o seu berce no instituto. Xornadas como Muros Mira ao Mar ou a organización do IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia no ano 2009 non terían acontecido sen a vontade e o compromiso do profesorado e o alumnado de Fontexería”,-reivindica o profesor Sendón, recentemente xubilado.

Seguir lendo n'O patio das ideas

Alumnado participante nas actividades CC-BY-SA O Patio das Ideas

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.