0 Gardados para despois

75 anos "do suicidio colectivo máis grande da guerra civil"

Marcos Pérez PenaMarcos Pérez Pena | @marcosperezpena


O 23 de abril de 1937 nove persoas -socialistas, anarquistas, galeguistas e comunistas- que tentaban fuxir a Francia dende o Berbés no bou Eva, perderon a vida ao seren descubertos polas autoridades fascistas. Preferiron suicidarse a entregárense. Anxo Nogueira Nogueira, Carmen Miguel Agra, Jose Losada Castelao, Manuel Rodríguez Castelao (estes dous curmáns de Castelao), Luis Álvarez González, Camilo Campos Méndez, Jose Rodríguez Lorenzo, Fernando Rodríguez Lorenzo e Manuel Martínez Marono. Eran os seus nomes, e tiñan entre 24 e 44 anos.

Tras seren delatados, os falanxistas asaltaron o barco, abeirárono a un alxibe do porto e asolagaron a adega do bou, primeiro con auga fría e despois con auga quente. Mais os tripulantes non saíron, decidiron pór fin á súa vida de maneira colectiva antes de entregárense aos falanxistas

Estaban agochados na adega do barco, pero foron descubertos e traizoados por un mariñeiro, que os delatou á policía franquista. Tras seren delatados, os falanxistas asaltaron o barco, abeirárono a un alxibe do porto e asolagaron a adega do bou, primeiro con auga fría e despois con auga quente. Mais os tripulantes non saíron, decidiron pór fin á súa vida de maneira colectiva antes de entregárense aos falanxistas. A historia foi silenciada no seu momento e malia a restauración da democracia en España, os feitos ficaron faltos de estudo e reivindicación.

Bou Eva organiza un recital poético este luns, a partir das oito e media no Berbés

Cando hai ano e medio se inaugurou a Asociación Cultural e Centro Social Bou Eva (Rúa Terzo de Fóra 11, Vigo), os seus responsables consideraron que o primeiro que debían facer era renderlles unha homenaxe ás nove persoas falecidas. Para iso contaron coa presenza de Conchiña Fernández, filla dun dos mortos no bou, que lembrou emocionada como o obxectivo dos franquistas era "matar a semente". A asociación escolleu o seu nome "porque estaba silenciado e porque ten unha gran trascendencia histórica". Rafael Balado explicou naquela ocasión que "na nosa mitoloxía temos o Medulio, pero non temos certeza de onde aconteceu ese suicidio colectivo, pero si temos certeza de que na primavera de 1937 nove militantes suicidáronse antes que ser collidos polos falanxistas". E concluíu: "esas nove persoas non eran asasinas, o seu delicto era defender os dereitos dos traballadores e das traballadoras e loitar por un estatuto de nación para Galicia".

Bou Eva organiza un recital poético este luns, a partir das oito e media no Berbés.

Homenaxe aos mortos no Bou Eva

Cando hai ano e medio se inaugurou a Asociación Cultural e Centro Social Bou Eva (Rúa Terzo de Fóra 11, Vigo), os seus responsables consideraron que o primeiro que debían facer era renderlles unha homenaxe ás nove persoas falecidas. Para iso contaron coa presenza de Conchiña Fernández, filla dun dos mortos no bou

Galiza Contrainfo

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.