Isca! inicia accións en áreas comerciais contra empresas "complices do sionismo"

Imaxe da acción realizada nun supermercado da cidade Dominio Público Isca!

Isca! vén de iniciar unha campaña de accións en áreas comerciais contra empresas e marcas "complices do sionismo", a través da colocación de carteis e adhesivos nos lugares nos que os seus produtos se expoñen ao público. Entre as compañías sinaladas, destacan Nestlé, Buitoni, Garnier, L’Oréal, Sephora, McDonald’s, H&M, Motorola ou Coca Cola, entre outras. Unha das primeiras actuacións tivo lugar nun supermercado e un centro comercial da cidade de Vigo e complétase cun vídeo, que está a ter unha gran distribución a través das redes sociais.

As accións enmárcanse na campaña BDS contra Israel (Boicot, Desinvestimentos e Sancións), nacida en 2005 dun chamamento do pobo palestino que pretende rematar "coas brutais políticas do rexime sionista desde 1948: ocupación, colonización e apartheid". A campaña non se dirixe contra o pobo xudeu, senón contra institucións e empresas "que sosteñen o réxime opresor" e inspírase no boicot internacional contra o apartheid na África do Sur que foi decisivo para rematar con estoutro rexime racista.

Isca! destaca que Israel é "un dos estados do mundo que máis imcumpre os dereitos humanos, que contravén tratados internacionais e acordos como a Convención de Xenebra" e lembra que "o seu réxime xurídico mantén e institucionaliza a ocupación ilegal do territorio palestino, a discriminación dos palestinas que habitan en territorio colonizado, nega o dereito ao retorno das palestinas exiliadas e legalizar a tortura e o bombardeo indiscriminado de civís"

Imaxe da acción realizada nun supermercado da cidade Dominio Público Isca!
Imaxe da acción realizada nun supermercado da cidade Dominio Público Isca!

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.