ADEGA denuncia que a Xunta gastou dende xaneiro 42 millóns no vertedoiro de Areosa

Vertedoiro de Areosa Dominio Público Praza Pública

A organización ecoloxista ADEGA denuncia que os gastos xerados por SOGAMA no que vai de ano ascenden a máis de 61 milóns de euros, dos que o 70% (máis de 42 millóns). Segundo ADEGA a máis recente inxección de cartos públicos, ao redor de 38 millóns, foi aprobada por Feijóo no último consello da Xunta para "xestionar" a primeira fase da ampliación do vertedoiro e contar con "espazo suficiente para procesar 1.260.000 toneladas de lixo".

Os ecoloxistas ven nestes gastos -que en 2011 ascenderon a 253 millóns- unha mostra do "fracaso do modelo SOGAMA baseado na incineración, un buraco negro ambiental e económico".

A asociación indica igualmente que esta nova ampliación "confirma o éxito das mobilizacións" contra a incineradora do Sur

A asociación indica igualmente que esta nova ampliación "confirma o éxito das mobilizacións" contra a incineradora do Sur, prevista inicialmente no concello do Irixo. ADEGA afirma que "ante a práctica imposibilidade de executar esta instalación para o 2015, a Xunta continúa unha fuxida cara adiante irracional e insustentábel, hipertrofiando o macrovertedoiro para seguir acumulando lixo e de paso enriquecer ás eléctricas e baleirar as arcas públicas".

Vertedoiro de Areosa Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.