Ferrol dá os primeiros pasos no proceso de remunicipalización da auga

Fonte en Ferrol CC-BY-SA Praza Pública

O Concello de Ferrol dará nos vindeiros días os primeiros pasos para iniciar o proceso de remunicipalización do servizo de abastecemento de auga e saneamento, ou para -cando menos- estudar a súa viabilidade. O alcalde, Jorge Suárez, anunciou este luns que Ferrol se incorporará á Asociación Española de Operadores Públicos de Abastecimiento y Saneamiento (AEOPAS), unha plataforma que agrupa a administracións e entidades sociais e que reivindica a auga como dereito. Ferrol quere, a través de AEOPAS, acceder a asesoramento técnico e xurídico no proceso de recuperación da xestión deste servizo.

Suárez di que se "dan as circunstancias para iniciar o camiño" da remunicipalización, aínda que engadiu que o Concello analizará "se é viable económica, técnica e xuridicamente"

Así mesmo, Ferrol subscribirá o Pacto Social pola Auga, un manifesto en defensa do carácter público deste servizo e que demanda “unha xestión pública, integrada e participativa do ciclo urbano del agua", asinado por máis de 300 entidades, dende administracións locais a sindicatos, pasando por grupos ecoloxistas ou asociacións profesionais.

O secretario xeral de Aeopas, Jaime Morell Sastre, destacou en referencia á contaminación rexistrada en Ferrol hai dúas semanas que "que a auga non sexa potable é motivo suficiente para caducar a concesión”

Estas dúas accións serán debatidas no pleno ordinario que se celebrará este xoves. O alcalde, Jorge Suárez, sinalou este luns que constitúen o "primeiro paso" para a a recuperación do control da xestión da auga, que é "un ben público, un dereito de todos e que debe estar en mans públicas. “Aeopas ten experiencia en iniciar e finalizar con éxito a remunicipalización do ciclo da auga. Prestan asesoramento técnico e xudicial e o obxectivo é facer fronte ás grandes empresas privadas que acaparan a xestión deste servizo”, afirmou o rexedor . Suárez di que se "dan as circunstancias para iniciar o camiño" da remunicipalización, aínda que engadiu que o Concello analizará "se é viable económica, técnica e xuridicamente". "Non imos hipotecar o Concello por remunicipalizar a auga", engadiu.

O Diario de Ferrol entrevistou o secretario xeral de Aeopas, Jaime Morell Sastre, que destacou en referencia á contaminación rexistrada en Ferrol hai dúas semanas que "que a auga non sexa potable é motivo suficiente para caducar a concesión”.

Fonte en Ferrol CC-BY-SA Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.