Isabel Vilalba, nova secretaria xeral do SLG

Isabel Vilalba, secretaria xeral do SLG © SLG

A Dirección Nacional do Sindicato Labrego Galego elixiu a Isabel Vilalba nova secretaria xeral por unanimidade esta tarde, despois de que Carme Freire presentase a súa dimisión, xunto a outras catro persoas da Executiva, que tamén abandonaron as súas responsabilidades orgánicas: Manuel Docampo (Organización), Ana Rodríguez (Finanzas), Xosé Manuel Parente (Sectores Vexetais) e Charo Sánchez Parga (Recursos Produtivos para a Alimentación).

Estas cinco persoas continuarán na Dirección Nacional do sindicato, que lle encargou a Isabel Vilalba a elaboración dunha proposta para formar unha nova Executiva.

Estas cinco persoas continuarán na Dirección Nacional do sindicato

Carme Freire fora elixida secretaria xeral no VII Congreso do SLG, en 2007, responsabilidade na que sería reelixida no VIII Congreso, celebrado o pasado 5 de novembro de 2011. Pola súa banda, Isabel Vilalba é responsable da Secretaría das Mulleres do SLG, forma parte da directiva da Coordinadora Europea da Vía Campesina, e rexenta xunto ao seu cónxuxe unha explotación de vacún de leite e fabas en Lourenzá (Lugo).

Isabel Vilalba, secretaria xeral do SLG © SLG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.