Mariña, unha historia para contar os meses con Apego

Calendario de Apego para 2018 Dominio Público Apego

Desde o seu nacemento en xaneiro coa mantiña que lle traen os reis magos ata o paquete máis que haberá o próximo decembro baixo a árbore de nadal. Así transcorre o ano 2018 para Mariña, a nena que protagoniza o calendario para o ano próximo que o proxecto Apego vén de divulgar para que calquera poida descargar e imprimir.

Desde Apego salientan que “este calendario está pensado para que, ademais, poida ser impreso en tamaño A4 e unido por un anel ou cordel, e incluso para colgar. Ademais, se se imprime, cando remate 2018 pódese cortar a parte de abaixo de cada mes, e queda un conto ben xeitoso para comprender o paso do tempo!

 

Calendario de Apego para 2018 Dominio Público Apego

Despece

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.