Preséntase a plataforma “Que voltem para a casa!”

Rolda de prensa da plataforma CC-BY-NC-SA Galiza Contrainfo

A Asociación de Familiares e Amigas/os dos presos políticos galegos Que voltem para a casa! presentouse en Compostela co obxectivo de relanzar o seu proxecto para crear un “clamor popular contra a política penitenciaria e a dispersión”. Patricia Cordo, integrante de Que voltem para a casa, foi a persoa que abriu esta rolda de prensa de presentación da nova etapa deste colectivo, que “naceu para dar apoio e organizar ás familias e amigos e amigas dos presos políticos galegos”, dixo.

Coa lectura dun novo manifesto transmitiron os obxectivos da asociación, que son: “transmitir apoio e solidariedade aos presos e as súas familias, e denunciar a violación do seus dereitos e reivindicar o respecto dos dereitos fundamentais dentro das prisións”

Desde Que voltem para a casa explicaron que “a constatación de que os nosos presos eran obxecto dun tratamento ilegal, diferenciado, arbitrario, violento e inhumano levounos á conclusión de que non abondaba coa solidariedade. Era necesario dar un paso mais cara adiante e da solidariedade pasar á denuncia da súa situación de vulnerabilidade e da violación sistemática dos seus dereitos fundamentais”.

Coa lectura dun novo manifesto transmitiron os obxectivos da asociación, que son: “transmitir apoio e solidariedade aos presos e as súas familias, e denunciar a violación do seus dereitos e reivindicar o respecto dos dereitos fundamentais dentro das prisións”. “Non pedimos máis pero tampouco menos. A nosa reivindicación é unha reivindicación humanitaria e de dereitos. É unha reivindicación básica e elemental, pero moi importante. Precisamente por ser básica e elemental é tan importante, porque están en xogo non só os dereitos e a dignidade das persoas presas senón o respecto dos dereitos fundamentais de todas as persoas e a saúde democrática de toda a sociedade. Unha sociedade que non defende a integridade dos dereitos fundamentais é unha sociedade que se arrisca a que mañá sexan outras persoas e outros colectivos os que se vexan privados dos seus dereitos. E os tempos que corren, coas ameazas de extensión da dinámica policial e represiva a cada vez mais sectores da sociedade, esixen non ceder nin un milímetro na defensa dos dereitos fundamentais e a dignidade de todas as persoas presas”, subliñaron.

Co lanzamento deste novo manifesto, a presentación dunha nova imaxe gráfica e a estrea dunha nova web nas próximas semanas queren que “cada vez mais persoas, entidades, organizacións e institucións se sume ao clamor contra a política penitenciaria e a dispersión”

Co lanzamento deste novo manifesto, a presentación dunha nova imaxe gráfica e a estrea dunha nova web nas próximas semanas queren que “cada vez mais persoas, entidades, organizacións e institucións se sume ao clamor contra a política penitenciaria e a dispersión”. Despois desta exposición e da lectura do manifesto, as entidades políticas e sociais presentes tomaron a palabra para mostrar o seu apoio e solidariedade con esta causa. Interviron Martín Paradelo, da CNT Compostela, Alfredo Edreira, de Causa Galiza, Manoel Santos, de Anova, Ricardo Castro, da CUT, Xiana González, da Frente Popular Galega, Rebeca Bravo, de Nós-Unidade Popular, e Carlos Morais, de Primeira Linha. Apoiaron tamén coa súa presenza Ximena Mariel, do BNG, Teresa Moure, escritora e profesora da USC, e Leandro Lamas, pintor.

Para rematar, Raúl Aguilleiro, integrante de Que voltem para a casa, tomou a palabra para adiantar o traballo dos vindeiros meses deste colectivo no que pularán polo contacto e demanda de apoio ao manifesto a todas as forzas políticas, sindicais, sociais, profesionais, humanitarias; presentaran mocións en todos os concellos nos que podan esixindo a fin da dispersión e denunciando a actual política penitenciaria, asi como traballarán pola difusión internacional da situación dos presos e presas políticas galegas, e a denuncia da situación dos presos ante toda a sociedade galega demandando o apoio ao espírito do manifesto. Isto farase a través de todo tipo de actos, xornadas e mobilizacións.

Rolda de prensa da plataforma CC-BY-NC-SA Galiza Contrainfo

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.