0 Gardados para despois

"Non é unha crise de refuxiados, é unha crise de solidariedade"

Miguelanxo LarMiguelanxo Lar


María RúaMaría Rúa


ATENAS - Enviados especiais

Muhammadi Yonous é un refuxiado de orixe afgá que hoxe preside o Greek Forum of Refugees. Forzado a abandonar o seu país en 2001, cando desenvolvía actividades na defensa dos dereitos humanos, chegou a Grecia pensando que en Europa non sería preciso dedicarse profesionalmente ao mesmo. Pola contra, a realidade que atopou sobrepasouno e dende 2002 comezou a participar activamente na organización da comunidade de Afganistán no país heleno e a formar parte dos colectivos antirracistas de Atenas que, daquela, centraban os seus esforzos na loita contra a segregación e a violencia da comunidade africana.

O Greek Forum of Refugees é un altofalante para as refuxiadas e serve de ponte entre elas e a sociedade local, ONGs e outros organismos

Neste contexto, e debido á necesidade de dar un apoio formal ás distintas comunidades de refuxiadas que existían no país, naceu o Greek Forum of Refugees, un altofalante para as refuxiadas que serve de ponte entre elas e a sociedade local, ONGs e outros organismos. Hoxe a organización intégrase dentro doutros axentes paraugas internacionais como o PICUM (Plataform for International Cooperatión on Undocumented Migrants), European Council for Refugees e, dende 2015, é membro do Europen Emigratión Forum.

O colectivo está agora centrado en dar soporte legal e informativo ás numerosas refuxiadas que se atopan bloqueadas en Atenas

Na actualidade, o colectivo está especialmente centrado en dar soporte legal e informativo ás numerosas refuxiadas que se atopan bloqueadas en Atenas visitando os campos, squats e dende a súa propia oficina. Ademais tamén teñen habilitadas as súas instalacións para facilitar que as refuxiadas xestionen por Skype a preinscrición necesaria para realizar a petición de asilo.

A través das declaracións de Muhammadi facemos un percorrido por cinco puntos quentes do ámbito legal da situación das refuxiadas en Grecia. "Non hai ningunha crise de refuxiadas, é unha crise de solidariedade, unha crise política", advirte Yonous, que se pregunta como se lle tería que chamar, daquela, ao que acontece en Xordania, con tres millóns de desprazados sobre unha poboación de seis, ou en Turquía, onde hai tres millóns de sirios.

Velaquí un percorrido por cinco puntos quentes do ámbito legal da situación das refuxiadas en Grecia a través das declaracións de Muhammadi Yonous:

Trámites para solicitar asilo en Grecia

 

Espera do asilo

 

Reunificación familiar

 

Crise política da UE, non unha crise das refuxiadas

 

Cota europea de refuxiadas

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.