Galicia asoma como referente dun debate itinerante sobre China

© IGADI

París, Roma e Santiago debaterán consecutivamente sobre o modelo de desenvolvemento chinés, a cooperación chino-europea e as oportunidades que pode brindar a revitalización da Ruta da Seda, no noso caso para Galicia.

O evento está organizado polo IGADI en colaboración coa Academia de Ciencias Sociais da China

O evento está organizado polo IGADI en colaboración coa Academia de Ciencias Sociais da China. Nel participarán varias ducias de especialistas chineses que compartirán reflexións a propósito das singularidades do proceso de cambio no xigante asiático tanto no eido económico e social como político e ideolóxico e no eido das relacións internacionais. Tamén haberá relatores das tres universidades galegas e doutras do Estado.

Trátase dunha "especial oportunidade para afondar de primeira man sobre a complexa realidade chinesa contemporánea na véspera do XIX Congreso do Partido Comunista que se iniciará en Beijing o próximo 18 de outubro". O evento terá lugar o 6 de Outubro en Compostela. A asistencia é gratuíta ata completar aforo e requírese inscrición previa.

O programa e máis información aquí

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.