0 Gardados para despois

LIBRO DESCARGABLE | Medio cento de voces de Galicia e Portugal reflexionan sobre o futuro de Europa

Redacción | @prazapublica

Documentos relacionados

A Europa que sobreviverá ao brexit. Baixo ese título o Eixo Atlántico de cidades de Galicia e o Norte de Portugal distribúe este domingo a través de Praza.gal e outros medios de comunicación galegos un libro no que recolle preto de medio cento de reflexións sobre o futuro da UE. A obra enmárcase dentro da celebración do 25 aniversario do Eixo Atlántico, “primeiro e mais antigo sistema urbano, organizado politicamente, de uma euro-região”, que coincide co 60 aniversario da propia UE, cuxa crise actual quere combater con debate público.

A obra inclúe artigos en galego, portugués e castelán sobre moi diversos ámbitos da realidade europea escritos por analistas, políticos e xornalistas das dúas beiras do Miño. González Laxe, Passos Coelho, Ricardo Rio, Pedro Puy, Luís Villares, Xoaquín Leiceaga, Ana Pontón, Ana Pastor ou Xulio Ferreiro son algúns dos colaboradores, entre os que hai varios xornalistas, como David Reinero, de Praza.gal.

“Como culminação dos atos comemorativos dos 25 anos do Eixo Atlântico quisemos reunir as reflexões de 42 autores sobre o futuro da Europa, ou o que é o mesmo, sobre os próximos 60 anos que esperamos que a Europa cumpra em paz e no caminho do progresso”, di o Eixo Atlántico.

O pasado verán Praza Pública xa distribuíu O báculo de Daghdha, unha banda deseñada editada igualmente polo Eixo Atlántico para potenciar o coñecemento mutuo da rapazada galega portuguesa.

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.