Portugal vira á dereita
O Partido Socialista, cun novo candidato, Pedro Nuno Santos, tras a dimisión de António Costa, perde a maioría absoluta que tiña ata agora
O Partido Socialista, cun novo candidato, Pedro Nuno Santos, tras a dimisión de António Costa, perde a maioría absoluta que tiña ata agora
A maior parte das sondaxes sitúan Aliança Democrática lixeiramente por diante dun Partido Socialista que podería perder entre 10 e 15 puntos, pero ningún dos dous acadará unha maioría suficiente para goberrnar. Chega pode triplicar o seus actuais escanos e busca un pacto con AD para entrar no Goberno
Este sábado inaugurouse en Auga Clara, nas esclusas da parte caribeña da canle, un monumento de bronce e silicio que homenaxea os milleiros de galegos que participaron no proxecto, impulsado pola panameña Fundación Nosa Terra. Dos máis de 45 mil obreiros que traballaron nas obras entre 1905 e 1914, 8.798 foron españois, e a maior parte deles galegos, contratados en orixe pola súa fama de "duros"
A visita da delegación do Parlamento europeo ao paso de Rafah, lugar de entrada da axuda humanitaria, quere facer fincapé no bloqueo que Israel está a exercer sobre esta axuda, imprescindible para a supervivencia de centos de miles de persoas, no que xa é unha das maiores crises humanitarias das últimas décadas, con máis de 30 mil palestinos asasinados polo exército israelí.
O presidente do Eixo Atlántico, Ricardo Rio, e o secretario xeral, Xoán Vázquez Mao, reuníronse con autoridades cubanas e institucións europeas para impulsar proxectos conxuntos de cooperación ao desenvolvemento. Proponse un intercambio no ámbito da contribución da recuperación da Habana Vella, e no desenvolvemento de sustentabilidade, mobilidade, descarbonización, economía e cohesión social
António Guterres di que a guerra en Gaza afecta á seguridade internacional e o ministro israelí de Exteriores contéstalle que a súa actuación supón "un respaldo ao asasinato de anciáns, o secuestro de bebés e a violación de mulleres"
Obtén o 56% dos votos fronte a Sergio Massa tras lograr unha fronte antiperonista grazas ao apoio da dereita de Juntos por el Cambio
Unha marcha unitaria con xente chegada de toda Galicia malia as malas condicións climatolóxicas denuncia o xenocidio do pobo palestino por parte de Israel
A marcha partirá ás seis da tarde dende a Alameda. Haberá, ademais, autobuses desde A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Vigo. A mobilización esixe "o inmediato alto o fogo e a abertura de corredores humanitarios para que a axuda poida entrar en Gaza de maneira normal"