0 Gardados para despois

Praza do Concello

  • David LombaoPor David Lombao,

    O pleno da Coruña aproba as ordenanzas fiscais do Concello cos votos favorables de Marea Atlántica e PSdeG. O BNG abstívose e o PP votou en contra.

  • David LombaoPor David Lombao,

    O pleno de Santiago aproba por unanimidade unha modificación de crédito de 653.000 euros "para pagar facturas pendentes do pasado mandato", segundo destaca o goberno local.

  • David LombaoPor David Lombao,

    Os alcaldes de Santiago, Lalín e Silleda acordan demandar conxuntamente a rebaixa da peaxe da AP-53, que acada os 5,95 euros. Martiño Noriega, Rafael Cuíña e Manuel Cuíña trasladarán a petición aos plenos como moción, que despois será remitida ao Ministerio de Fomento, e piden implicación da Xunta. A autoestrada é actualmente propiedade dun fondo do goberno de Malaisia.

  • David LombaoPor David Lombao,

    O PP faise coa alcaldía de Oia tras pactar co partido Converxencia Galega para desbancar a alcaldesa, do PSdeG. No municipio o PP ten 4 edís, os socialistas 3, CG outros 3 e o BNG, 1.

  • David LombaoPor David Lombao,

    Urbanistas e arquitectos analizan en La Opinión as opcións de reforma da coruñesa avenida de Lavedra, Alfonso Molina, para a que o goberno municipal defende a inclusión de novas solucións de mobilidade mentres o PP local esixe unha ampliación de carrís de tráfico.

  • David LombaoPor David Lombao,

    O pleno do Concello da Coruña aproba o modificativo de crédito que tiña pendente cos votos favorables da Marea Atlántica e do PSdeG, a abstención do BNG e o voto en contra do PP.

  • David LombaoPor David Lombao,

    O Concello de Pontevedra, convidado a participar no cumio mundial do clima de París. Pontevedra Viva recolle detalles deste convite, formalizado a través dunha carta da alcaldesa de París, Anne Hidalgo, e do representante da ONU para as cidades e o cambio climático, Michael Bloomberg, recibida polo rexedor pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores. 

  • David LombaoPor David Lombao,

    Novo premio ao modelo urbano de Pontevedra. Desta volta é o Euro China Smart Mobility City Award, na categoría de deseño e planificación urbana. O galardón está organizado pola fundación francesa Prospective et Innovation e será entregado o vindeiro 24 de novembro nunha cerimonia en Hong Kong.

  • David LombaoPor David Lombao,

    O Concello de Lugo aplicará unha rebaixa do 23% na factura do lixo de outubro para compensar a folga de Urbaser do pasado ano.

  • David LombaoPor David Lombao,

    O túnel coruñés da Mariña énchese de pozas por mor das mareas vivas. A controvertida infraestrutura foi inaugurada polo anterior goberno local antes das eleccións. Recólleo La Opinión

Máis
  • Noriega, tras coñecer os resultados

  • Noriega e futuros edís de CA, na noite electoral

  • Xulio Ferreiro celebra a vitoria na seda da Marea Atlántica

  • Manuel Rivas, durante a noite electoral na sede da Marea Atlántica

  • Negreira valorou os resultados contra a 1 da madrugada

  • Caballero, valorando os resultados

  • Castiñeira admitiu que os seus non son os resultados agardados

  • Lores, agradecendo a vitoria

  • Jácome, celebrando que é segunda forza

#OsPrismáticos A noite electoral en Galicia