Libros

Ó longo dos anos da vida en que teño vagado errante dun lugar a outro, as persoas foron cambiando. No meu camiño teñen entrado e saido compañeir@s, amig@s, amantes e seres varios, pero, eles, os meus libros sempre me seguiron coa mesma fidelidade que Sancho amosaba a Don Quixote, moitas veces incluso encerrados en caixas ata que o bico principesco das miñas mans rachaba o feitizo do seu cadaleito de cartón, voltándoos así a unha nova morada transitoria na que mirarían atentos como ía construindo ou destruindo, según as ocasións, a miña vida.

Ó longo dos anos da vida en que teño vagado errante dun lugar a outro, as persoas foron cambiando. No meu camiño teñen entrado e saido compañeir@s, amig@s, amantes e seres varios, pero, eles, os meus libros sempre me seguiron

Moitas veces eles teñen sido a única compaña apacible e silandeira, con eles tomei as mellores copas, as máis reconfortantes. De eles aprendín aquilo que ninguén che di, os mellores bicos, os mellores consellos, as mellores bágoas… sufriron golpes, viviron en casas alleas e ás veces lonxe de min, pero sempre impacientes cando voltei buscalos recibíronme con agarimosas apertas de papel, desas de amigo ó que hai tempo que non ves…

En ringleira e nas trincheiras de cuartos mesturáronse moitas veces os uns cos outros, colocados de xeitos estratéxicos para que sempre elixira o necesario

En ringleira e nas trincheiras de cuartos mesturáronse moitas veces os uns cos outros, colocados de xeitos estratéxicos para que sempre elixira o necesario, versos ó chou ou frases entresacadas de novelas, a palabra axeitada no intre preciso…

Eles, ós que incluso cheguei a dar irmáns cos que xogar, hoxe tamén me miran mentras escribo isto, nesta casa, ogallá a definitiva, descansan alborotados e impacientes porque estrean vida, coma min. Están ansiosos por ver que sae desta nova aventura e ordéanse unha vez máis coas súas estratexias librescas sacadas de non sei que novela… pero a min xa non me enganan, despois de tantos anos xuntos sei perfectamente que esta vista da ría encandílaos e o que nestes días teñen visto no meu salón queren, coma min, que se repita ante os seus ollos ata a fin dos días…

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.