Denuncia dos reitores galegos. E agora que?

Hai tantas mentiras na resposta de Feijóo aos reitores galegos que é difícil saber por onde empezar a desmentilas, por exemplo: teremos que preguntarlle á Xunta de Galicia por que, a diferenza doutras administracións, os recortes producidos nas Universidades pola redución de salarios, servizos, gasto corrente, etc. utilízanse exclusivamente para pagar a débeda da Xunta de Galicia e non a débeda propia das universidades, tendo ademais en conta que ambas suman para a cifra de déficit e débeda que esixe Montoro ao final do ano.

Nos tres últimos anos a redución acumulada no orzamento da USC foi de 69,55 M€, dos cales case 50 M€ corresponden a cantidades non transferidas pola Xunta

Nos tres últimos anos a redución acumulada no orzamento da USC foi de 69,55 M€, dos cales case 50 M€ corresponden a cantidades non transferidas pola Xunta de Galicia, pero nin un só euro destes puido ser utilizado para reducir os 60 M€ que aínda arrastra de débeda a USC. Os recortes utilizáronse para reducir a débeda propia da Xunta de Galicia. A débeda é da USC pero o importe dos recortes se os traga a Xunta. Moitas traballadoras e traballadores universitarios, a pesar do mósqueo por ver reducido o nosos recursos e salarios ano tras ano, teriamos cando menos unha pequena satisfacción si estas cantidades se utilizarán para sanear a universidade, reducir débeda e intereses e poder mellorar a calidade docente e os recursos na investigación.

Alégrome de que en Galicia non suban as taxas universitarias -en primeira matricula-, pero Feijóo esquece dicir que lles retirou ás universidades 6 M€ na lei de orzamentos conforme aos novos ingresos previstos nas taxas de matricula. É dicir, o forte incremento das taxas inicialmente previsto pola Xunta de Galicia na lei de orzamentos o pagan as Universidades, no fondo serán os propios alumnos ao ter menos docentes e servizos de peor calidade. A Xunta dende marzo xa esta retirando anticipadamente da transferencia mensual as cantidades previstas na suba das taxas para o curso 2013/2014 ás 3 universidades. Por suposto non hai ningún compromiso escrito de revisar as cifras do orzamento.

Imos denunciar nos xulgados o incumprimento do plan de financiamento plurianual (2011-2015)? Imos a defender tamén na maxistratura a autonomía universitaria no referido á contratación e dereitos dos nosos traballadores?

E agora que? Despois da claridade e contundencia da denuncia dos reitores galegos, que pasos imos a dar as universidades e os seus reitores:

Imos denunciar nos xulgados o incumprimento do plan de financiamento plurianual (2011-2015)? Imos a defender tamén na maxistratura a autonomía universitaria no referido á contratación e dereitos dos nosos traballadores? Imos a convocar as prazas necesarias e ilegalmente paralizadas pola Xunta de Galicia? Daremos asesoramento xurídico aos nosos estudantes para que demanden á Xunta e o Ministerio pola eliminación das bolsas de estudio? Imos a denunciar que no 2012 escasamente se executou o 30% do gasto previsto pola Xunta de Galicia no referido ao gasto en I+D+i e esixir que este ano se executen as partidas previstas na lei? Esixirémoslle ao Parlamento que os recortes se utilicen para sanear as universidades e ter unha oportunidade no futuro? Ou foi só un exercicio para desafogarnos das presións internas e de tesourería que estamos sufrindo estes meses?

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.