A navalla de Manuel María, este ano para o Paco Ramón Martín Lamote

Non hai pegha. Cada ano desde o ano cinco deste século e xustamente o oito de setembro, logo do acto de cabodano, a afectos e lealdades, de Manuel María, coa presenza de tantas e de tantos e en especial de Saleta e outros membros da Fundación Manuel María, alí na Campa de Outeiro de Rei, con ofrenda floral e poética e despois cantando a unha voz  o poema O Carro musicado por Mini e Mero ( estando tamén os cantores Tino Vaz, Miro Casabella, Quintas Canella e o gaiteiro nubeiro Raul Galego), collemos e imos á carballeira da Santa Isabel, lugar determinado a moi significado para o noso poeta nacional e de advocación por tal,ben sabida por todas e todos nós.

Pois ben, alí ao andar das augas do río pai Miño ( on fillo ilustre de cerca o reghato do Cepelo), ano a ano e de man a man, a cada delas máis xenerosas e merecentes, celebramos o acto de entrega da NAVALLA DE MANUEL  MARÍA, e así foron téndoa Alfonso B.Torrado, Mini e Mero, Camilo Gómez Torres, Avelino Pousa, Xulio Xiz, Darío X. Cabana, quen lles escribe, Valdi e este ano Paco Martín ( e direino tamén a chamo como no título de arriba PACO RAMÓN MARTÍN LAMOTE, decátanse o por que?)

A idea deste agasallo foi da Irmandade Manuel María da Terra Cha e da A.C. Xermolos de Guitiriz, baseado na amizade e na firmeza crente a Manuel María. Dicir pois que de moitas e de moitos é ben sabido que Manuel, o noso poeta, fose onde fose, poderíamos dicir que sempre, á hora de meter un bocado botaba man da súa navalla para dividilo e levalo á boca. Tamén para compartilo se for o caso. A navalla para el era algo fundamental e parte de si. Usábaa con ánimo de ao facelo establecía feitos de compartir e de convivir. A navalla como símbolo de familia tribu en fraternidade e de comuñón no ser e no sentir compartido.

Desta maneira nós o día oito na Carballeira de Santa Isabel entregaremos a navalla ao lugués Paco Ramón Martín Lamote e el recibiraa do facedor de ideas soñadas, do creativo, “ O Valdi” e así unha doa máis que engadir ben contentos ao ronsel de ben desta ringleira de boa xente así recoñecida pola tamén boa que concorre cada ano ao cabodano de Manuel María. E faremos este acto na comuñón de ser, de pensar a nobreza, na identidade nosa galega, rus e cidadá. Todo así  co acompaño do viño de Sober, o pan de Boimorto, o queixo de Ulloa e Tabeirós e ao mellor se os hai en sazón tamén de figos docísimos do Casal de Dozar de Sarandón de Vedra. Todo a padal de alegría e irmandade, en diversidade e equidade, confluíndo no sermos e no compartir, todo no fío común dos afectos a Manuel de Hortas el xa con casa da súa Fundación que se inaugura en Outeiro de Rei o día sete deste mes a véspera do seu cabodano.

E así nós diremos:

“ Ben contentos temos que estar,
quen queremos ao Manuel.
Imos ao seu memorial
con afectos xigantes por el ”

David Otero ( a ano véspera do de Díaz Castro da Chaira).

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.