Carta aberta á cidadanía, na defensa da saúde

Levamos xa varios anos de recortes sucesivos e non nos sorprende case nada pero a última proposta da Consellaría e do Ministerio de Sanidade, as Áreas de Xestión Clínica, sitúan a sanidade pública ao borde do precipicio. É momento de moverse.

A última proposta da Consellaría e do Ministerio de Sanidade, as Áreas de Xestión Clínica, sitúan a sanidade pública ao borde do precipicio. É momento de moverse

Os anos de goberno de Feijoo están debuxando un novo cadro da sanidade galega:

  1. Importante redución do orzamento, pasando dun presuposto de 3728,81 millóns de euros no 2010 a 3326,11 no 2014: unha perda acumulada de 1614,28 millóns de euros en 5 anos.
  2. Redución de persoal con 3000 prazas vacantes froito de xubilacións (ou morte) ata 2013, que non van ser cubertas porque o goberno limitou a reposición de persoal público ao 10% das prazas.
  3. No referente á privatización xa entregou neste período a central de cita telefónica, o mantemento dos centros, a central loxística de equipamento de material para todo o Sergas e está en licitación a alta tecnoloxía (aparatos de diagnóstico radiolóxico e de tratamento radioterápico).
  4. Construción do novo hospital de Vigo con financiamento privado, o que implica privatización de gran parte do hospital e a obriga de pagar un canon durante 20 anos do que nos podemos arrepentir varias veces.
  5. Na Coruña recientemente anunciaron o peche dunha planta de medicina interna no Hospital Abente a pesar das listas de espera existentes e
  6. A proposta de Áreas de Xestión Clínica.

Estas novas Áreas son servizos hospitalarios ou centros de saúde nos que se cambia a organización. Aparentemente faise para mellorar os servizos pero na realidade o seu obxectivo é exclusivamente o aforro. Da igual en que: en persoal, en peticións de probas complementarias, en consultas con outros servizos ou en farmacia, pero aforrar. O Sergas esixe que o gasto sexa inferior ao ano anterior, como  sexa, e a cambio ofrece aos profesionais retribucións segundo aforre. Isto é inaceptable e supón un grave problema ético. Todos somos conscientes de que hai moitas cousas a mellorar pero este non é o camiño, ademais de que será un aforro circunstancial xa que ao empeorar o servizo haberá máis enfermidade e máis gasto.

A realidade é que Feijoo e a conselleira de sanidade queren trasladar a decisión dos recortes aos profesionais. Están encontrando unha grande resistencia porque este é un prato mal condimentado e difícil de tragar

A realidade é que Feijoo e a conselleira de sanidade queren trasladar a decisión dos recortes aos profesionais. Están encontrando unha gran resistencia porque este é un prato mal condimentado e difícil de tragar. Todo o que sexa calidade será ben recibido pero se só falan de aforro non van poder contar coa gran maioría dos profesionais.

Todo isto provoca unha folga xeral sanitaria para os días 9 e 10 de decembro e pídese a toda a cidadanía a participación na manifestación do martes 10 de decembro, que sairá ás 8 da tarde da Casa do Mar. Basta Xa! Non podemos toleralo! Que non negocien coa nosa saúde!.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.