Novo sistema deportivo como garantía da saúde en Galicia

Filoxeneticamente estamos configurados para acumular enerxía, dita enerxía almacénase principalmente en depósitos de graxa, se estes depósitos superan os estadíos de normalidade, atopámonos en situación de sobrepeso ou obesidade, problemática que deriva en enfermidades crónicas non transmisibles (ECNT) coma: hipertensión, dislipemias, cancro, enfermidades cardiovasculares, diabetes…, e da que dependen en Galicia o 63% das mortes anuais. A única forma de regular o almacenaxe graxo é mediante o control da dieta e o incremento de actividade física (OMS 2004).

Por outra banda os sistemas do noso organismo deben manter o seu nivel funcional para non sufrir enfermidades por falta de uso. No tocante ao sistema cardiovascular, se os cidadáns non facemos exercicio, o corazón non estará adaptado ao esforzo e polo tanto precisará para unha mesma necesidade demandas de maior estrés que no caso dun corazón adestrado. De este modo, os últimos estudos amosan como factor preponderante na prevención de enfermidades crónicas non transmisibles o nivel de exercicio, sobre outras variables como poderían ser a obesidade, o colesterol elevado, a hipertensión ou a diabetes, na prevención de enfermedades do sistema cardiovasculares (Blair 2009). As persoas con sobrepeso activas presentan menores indicios de risco de morte prematura con respecto a persoas con normopeso sedentarios.

Aqueles que fan exercicio intenso de xeito sistemático como por exemplo, camiñar a alta intensidade, incrementan a sua lonxevidade e as suas probabilidades de non sufrir enfermidades

Pero ademais aqueles que fan exercicio intenso de xeito sistemático como por exemplo, camiñar a alta intensidade, incrementan a sua lonxevidade e as suas probabilidades de non sufrir enfermidades con respecto aos que camiñan a baixa intensidade ou son sedentarios (Williams & Thomson 2013).

En Galicia a esperanza de vida con bo estado de saúde é a máis baixa do territorio español (47,8 anos, fronte aos 55,3 de media estatal)

Cando analizamos os datos galegos, na Enquisa Nacional de Saúde de 2006 (Instituto Nacional de Estadística, 2007), evidenciase unha situación lixeiramente peor que no Estado Español, con prevalencia destas ECNT algúns puntos porcentuais superiores na maioría delas (Plan Galicia Saudable 2011). Esta maior presenza de enfermidades crónicas en idades temperás, unida a que a esperanza de vida dos galegos/as é practicamente similar a do resto do estado (81,1 anos), supón que na nosa comunidade se vive máis anos con mala saúde. Concretamente, en Galicia a esperanza de vida con bo estado de saúde é a máis baixa do territorio español (47,8 anos, fronte aos 55,3 de media estatal), o que a súa vez se traduce en que os cidadáns galegos somos os que vivimos máis anos cun mal estado de saúde (33,2 anos fronte a 25,8 de media no Estado).

Máis dun 60% dos galegos/as non fai a actividade física recomendada polas organizacións internacionais, obtendo os peores datos a infancia e a xuventude

Dito problema ven determinado pola falta de movemento en todos os grupos de idade, máis dun 60% dos galegos/as non fai a actividade física recomendada polas organizacións internacionais, obtendo os peores datos a infancia e a xuventude. Do mesmo xeito, no relativo ao índice de masa corporal o 25 % dos rapaces/as de entre 2 e 17 anos ten sobrepeso ou obesidade, e o 55% da poboación maiores de 18 teñen exceso de peso. Indicadores que fan da nosa terra un dos espazos de maior sobrepeso de Europa.

E, a quen lle importa esta realidade?, pois como na crise económica até que toquemos fondo e teñemos máis persoas enfermas que sas a ninguén. Porque investir en programas estructurados implementados por profesionais da actividade física e o deporte non dá votos. É mellor gastar o diñeiro de todos para beneficio duns poucos; ben sexa no eido do espectáculo contratando grandes eventos deportivos, en infraestruturas infrautilizadas como parques biosaludables ou en clubs pseudo-profesionais cuxo maior volume de deportistas non son da terra por falla dun sistema galego de tecnificación cara á excelencia deportiva.

É mellor gastar o diñeiro de todos para beneficio duns poucos; ben sexa no eido do espectáculo contratando grandes eventos deportivos, en infraestruturas infrautilizadas como parques biosaludables

Pero claro, as casas farmacéuticas pagan campañas políticas e os profesionais do deporte malviven en minijobs, queren saber que pasaría se o sector do fitness e do deporte se paralizara ao unísono, pois non o saberán porque tamén contan con que non estamos estruturados. E os profesionais do mundo do deporte seguiremos con valentía e traballo aportando solucións, desde a investigación, a análise reflexiva, a capacidade de traballo e sacrificio, o espírito de liderado e a competencia. Moito ánimo, autoestima e responsabilidade sodes xa o presente e da vosa profesionalidade depende o futuro da saúde galega.

Alentábase os gobernos a desenvolver plans estratéxicos, medidas e accións para promover a vida activa e a alimentación saudable

Señores políticos debemos dar un paso máis, como así vos insta a Organización Mundial para a Saúde (OMS) na súa 57a Asemblea Xeral, na “Estratexia global sobre Alimentación, Actividade Física e Saúde” alentábase os gobernos a desenvolver plans estratéxicos, medidas e accións para promover a vida activa e a alimentación saudable. Ata agora o que fixestes foi deseñar papeis. É dicir, plans cuxo nivel de aplicación precisa dunha aposta político-económica, en definitiva cartos para aplicar medidas e accións que promocionen hábitos de vida activos, comportamentos cidadáns saudables que se repitan regularmente e que polo tanto incrementen a calidade de vida dos últimos anos vividos. Lean vostedes ben: en ningún momento dí dar máis medicamentos senón máis movemento.

Se os cidadáns galegos tiveran un óptimo nivel cardiorrespiratorio e falamos dun VO2 máximo de como mínimo 40 ml/Kg/min. reduciríamos o custe en dependencia, en farmacia, o gasto sanitario, pero ademais, incrementariamos os anos vividos con bo estado de saúde, e melloraríamos a calidade de vida. Pero porque sendo coñecedores disto non se fan políticas de promoción de movemento para toda a comunidade?, pois a resposta esta clara, porque non existe capacidade de romper cos modelos tradicionais. Dotemos a cidadanía de pautas de movemento (cuantitativo e cualitativo) estruturado que axuden a obter beneficios sobre parámetros fisiolóxicos, psicolóxicos e neuromusculares na saúde de quen as practica. E xa anticipo que isto só o poden levar a cabo profesionais do deporte.

Se os cidadáns galegos tiveran un óptimo nivel cardiorrespiratorio e falamos dun VO2 máximo de como mínimo 40 ml/Kg/min. reduciríamos o custe en dependencia, en farmacia, o gasto sanitario, pero ademais, incrementariamos os anos vividos con bo estado de saúde

Algunhas das recomendacións internacionais son:

Grupo de 5 a 17 anos.

  • Acumular un mínimo de 60 minutos diarios de actividade física moderada ou vigorosa (obxectivo mínimo de actividad física diaria para mellorar a saúde e previr as ECNT).
  • A actividade física durante máis de 60 minutos reporta beneficios adicionais para a saúde.
  • A actividade física diaria debería ser, na sua maior parte, aeróbica.
  • Sería positivo incorporar actividades vigorosas, en particular para fortalecer os músculos e os osos, como mínimo tres veces a semana.

Grupo de 18 a 64 anos.

  • Acumular un mínimo de 150 minutos semanais de actividade física aeróbica moderada, ou ben un mínimo de 75 minutos semanais de actividade aeróbica vigorosa, ou ben unha combinación equivalente de actividade moderada e vigorosa.
  • A actividade aeróbica realizarase en sesións de 10 minutos, como mínimo.
  • Para obtener maiores beneficios, os adultos deberían incrementar esos niveis hasta 300 minutos semanais de actividade aeróbica moderada, ou ben 150 minutos de actividade aeróbica vigorosa cada semana, ou ben unha combinación equivalente de actividade moderada e vigorosa.
  • Deberían realizar exercicios de fortalecemento muscular dos grandes grupos musculares dous ou máis días a semana.

Xa intentamos crear un modelo de partenariado público-privado de I+D+i para implementar unha rede galega on-line de prescripción de exercicio físico comunitario en espazos non convecionais

Pero mesmo xa intentamos crear un modelo de partenariado público-privado de I+D+i para implementar unha rede galega on-line de prescripción de exercicio físico comunitario en espazos non convecionais (ENC System). Dita rede (software) permitiría planificar cargas de exercicio individualizada a través de multiplataformas (hardwars) para o 100% da poboación do mesmo xeito que sería un observatorio de saúde virtual, ademais de solventar a baixo custo a problemática territorial. Pero facer un sistema cooperativo co SERGAS de exercicio só é para políticos moi moi valentes e diso carece a nosa TERRA. Non vos preocupedes xa virán tempos mellores.

O resto é falar por falar e iso en Maceda chámase parola.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.