Still Alive

Segundo se esgota o tempo de espera para a que se prevé unha das máis importantes asembleas da historia deportivista, segundo que xente comeza a poñerse nerviosa, ou iso parece. Eu particularmente, teño clara a miña opción, e defendereina con vehemencia pero respectando en todo momento a calquera accionista que pense diferente e asumindo deportivamente, nunca mellor dito, o resultado deste proceso; nin por un segundo podemos poñer en dúbida a unión do deportivismo, quen gañe será o Presidente de todos e todas.

Segundo se esgota o tempo de espera para a que se prevé unha das máis importantes asembleas da historia deportivista, segundo que xente comeza a poñerse nerviosa, ou iso parece

Hai quen non o entende asi, mágoa; as descualificacións gratuítas comezan a florecer pola paisaxe deportivista e co soporte mediático habitual o proceso branquiazul xa ten o titular efectista, o bocado máis apetitoso, a cenoura que algúns morderán entusiastas, a lebre que moitos seguirán ao galope: os mortos votan nas asembleas do Dépor, e fano, obviamente, pola actual Xunta Directiva.

Así o indica unha información aparecida nas últimas horas en la prensa regional. Negro sobre branco, letra impresa e a cinco columnas con lustrosa fotografía... Será verdade, ten que ser certo, digo eu, vaia; ou non? En tal caso, non pouca xente abrazou a suposta noticia como a proba irrebatíbel que demostra que as asembleas deportivistas están amañadas. Pero, realmente é asi?

O Deportivo é unha Sociedade Anónima Deportiva que convoca anualmente a súa Xunta Xeral de Accionistas, como se fai na práctica totalidade de entidades de similar natureza, habitualmente nas últimas datas do ano.

A entidade coruñesa suma máis de 23000 accionistas; isto é, a propiedade do Club osténtaa a xente verdadeiramente afeccionada ao Dépor, non catro empresarios ou algún grupo financeiro

O Deportivo ten, entre moitas, unha peculiaridade; existindo empresas con máis titulares de accións o certo é que o club branquiazul é a SAD do Estado Español con maior número de accionistas, a moita distancia das seguintes. A entidade coruñesa suma máis de 23000 accionistas; isto é, a propiedade do Club osténtaa a xente verdadeiramente afeccionada ao Dépor, non catro empresarios ou algún grupo financeiro.

A maioría dos donos do Club son titulares nos máis de unicamente dous títulos de propiedade polos que, nin esta xente nin ninguén, recibiu nunca dividendo algún froito da súa inversión; aliás dos descontos abonados no seu día no pagamento polos carnés anuais de socios. O Dépor non reparte, non repartiu xamais, beneficios, polo que o valor de cada acción, unha vez executados os descontos nos carnés, lígase unicamente á parte porcentual de propiedade do Club que esa acción atesoura.

Falando de todo un pouco, na escena política, electoral, partidaria; se unha persoa morre, o seu voto non é obxecto de herdanza. Ou sexa, non pode ser utilizado por outra persoa aínda que moito fascista de centro reformista do noso país pense o contrario. Cousa distinta resulta coas accións nunha empresa; estas si son testábeis.

Ven isto ao caso do bochornoso que resulta ver como en determinadas informacións faise un uso e abuso insultante dos termos votación, elección, dereito a voto, votante, proceso electoral... coa finalidade obscena de tentar crear no imaxinario da persoa que le o texto un paralelismo entre un proceso electoral político (onde votan os vivos e ese dereito desaparece ao morrer cada persoa) e un proceso de renovación dunha Xunta Directiva nun sistema accionarial (onde as accións si son testamentábeis). Curioso.

Pero, como convoca o Deportivo as súas famosas asembleas amañadas? Obra no poder da entidade un listado de accionistas, onde figuran os nomes e apelidos, documento de identidade, enderezo facilitado pola persoa titular e, loxicamente, número e referencia das súas accións. A cada accionista se lle envía, por correo postal e en tempo e forma, un sobre no que se inclúe:

  1. A convocatoria da asemblea ca súa orde do día.
  2. Un impreso con membrete do Club para delegar as accións, onde o titular das mesmas debe indicar o seu nome e apelidos asi como, de o considerar oportuno, o nome e apelidos da persoa, que debe ser tamén accionista, en quen delega a representación das súas accións para a asemblea en cuestión. A maiores figura un espazo no que pode explicitar algunha instrución concreta sobre o seu posicionamento diante dalgún dos puntos a debate.
  3. Un sobre, con franqueo pagado e destinatario cuberto (a sede social do Deportivo), no que introducir, de decidir cumprimentar, o impreso anterior.

Non fai falta ser Monsieur Poirot para decatarse de que se un accionista morre, pero a persoa herdeira das accións non o comunica ao Club, este continuará enviando as convocatorias ao seu domicilio habitual

Non fai falta ser Monsieur Poirot para decatarse de que se un accionista morre, pero a persoa herdeira das accións non o comunica ao Club, este continuará enviando as convocatorias ao seu domicilio habitual xa que non ten constancia do seu falecemento.

Posibilítase desta forma que a persoa que continúe a vivir no enderezo que ten referenciado o Deportivo, pola súa conta e risco, abra o sobre, cumprimente o formulario e o envíe á sede social da Praza de Pontevedra, asinando coma a persoa finada e delegando as accións en quen considere.

É por iso que a min o sistema non me satisfai, non me ofrece, nen moito menos, enteiras garantías e considero polo tanto, que non é o máis axeitado; asi de claro. Se nas accións representadas polo seu titular de maneira presencial na Asemblea, este debe portar o seu documento de identidade; debería buscarse unha fórmula para que na delegación de accións se esixise igual garantía.

Se nas accións representadas polo seu titular de maneira presencial na Asemblea, este debe portar o seu documento de identidade; debería buscarse unha fórmula para que na delegación de accións se esixise igual garantía

Pero cal é a responsabilidade da directiva deportivista en que un morto non comunique que faleceu ¿? canta culpa teñen de que un herdeiro non execute os seus dereitos sobre as accións deportivistas que lle corresponden? É a Presidencia do Club culpábel de que unha persoa falsifique unha sinatura?  E sobre todo: Onde está o hipotético apriorismo para o Consello de Administración que se está a denunciar?

O certo é que este sistema vense utilizando desde hai máis de 20 anos sen que ninguén o puxese en cuestión; isto é, sin que ninguén o denunciase. Hai quen argumenta que polo xeral, quen reside no domicilio da persoa desaparecida ten un vínculo familiar con ela, coando non é directamente a persoa herdeira dos seus bens; vale, son razoamentos respectábeis, a min, particularmente, non me convencen.

O certo é que este sistema vense utilizando desde hai máis de 20 anos sen que ninguén o puxese en cuestión; isto é, sin que ninguén o denunciase

O que si me convence é pensar que, falecido un accionista, é o seu herdeiro ou comunidade hereditaria, os que deben oficializar a transmisión das accións acudindo a unha notaría e elevando despois o oportuno certificado ao Club para que este proceda a actualizar o seu listado de accionistas; Problemas?

  1. Ao falar na inmensa maioría dos casos dunha cantidade de accións ínfimas, que ademais non teñen, en aparencia, maior valor, non é habitual, de feito é estrañísimo, que as accións do Deportivo figuren na lista de bens a testar pola persoa falecida. Polo que de non existir un herdeiro universal dificultase a súa asignación a un ou outro herdeiro.
  2. Ao se dar esta casuística e permanecer sen solución, isto é asignala a tal ou cal herdeiro, cumpre organizar unha comunidade hereditaria que determine que fai cas accións: se acude directamente a asemblea a través dun representante, se delega noutro accionista...
  3. Hai que ir á notaría; e iso significa ter que pagar.

Insisto; cal é a responsabilidade do Presidente do Deportivo en que determinada xente decida falsificar un documento de delegación de accións? E sobre todo; por que é el o beneficiado? Por que el? Se quen falsifica unha delegación de accións pode delegalas en Lendoiro, en Cascallar, en Conchado, en Fernández ou en María Perriña?

O que hai son respostas inconsistentes, como inconsistente é a información que se ven de facer pública nas últimas horas, máis inconsistente aínda á luz dos últimos movementos efectuados pola actual Xunta Directiva

Non existe unha resposta consistente. E non existe sinxelamente porque non a hai. O que hai son respostas inconsistentes, como inconsistente é a información que se ven de facer pública nas últimas horas, máis inconsistente aínda á luz dos últimos movementos efectuados pola actual Xunta Directiva.

Precisamente por iso a soflama, xa publicada noutras ocasións con distinto envoltorio, tiña que ser lanzada, e da maneira máis demagóxica, si ou si, agora ou nunca, pola sinxela razón de que caducaba:

Este luns a Xunta Directiva do Deportivo deu en anunciar que, tendo constancia do falecemento de polo menos 1900 titulares de accións do Club, para que ditos títulos de propiedade estean presentes na asemblea será preciso que os teóricos herdeiros aporten as últimas vontades e o testamento do finado, así como de ser o caso, un documento da comunidade hereditaria, na que se especifique quen detenta o dereito de representación de ditas accións. Os documentos, remarca a Xunta Directiva, deberán ser entregados na sede social do Deportivo.

Por iso, diante de tal medida proclive a transparencia máis absoluta, era a última oportunidade de facer uso dos mortos, mesturalos ca Xunta Directiva, introducir todo na asemblea xeral, engadir unha potente dose de parcialidade, ocultar o sabor da mentira, cociñar na perola deportivista e... voilà! Empratamos a páxina enteira e xa temos unha mentira convertida en noticia.

E non faltan (para sorpresa, rubor e sorriso dos amantes da boa mesa) comensais dispostos a pagar por degustar tan escatolóxica creación culinaria que aínda por riba tentan convencernos do rica que está. Que non se lles indixeste. Bo proveito!

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.