"É temporal"

"Acabei a carreira. Por fin!. E que? Agora que pasa? Son licenciada en Dereito, o que a día de hoxe é o mesmo que dicir que teño un marco moi bonito enmarcando un papel moi caro, que chaman título, por si miña nai non tiñas cadros suficientes na casa.

"Acabei a carreira. Por fin!. E que? Agora que pasa? Son licenciada en Dereito, o que a día de hoxe é o mesmo que dicir que teño un marco moi bonito enmarcando un papel moi caro, que chaman título

Traballei para axudar a miña familia a pagarme a carreira, para facer fronte a esas taxas que se multiplicaron por tres dende que o señor Wert é ministro da Mala Educación. Traballei en todo o que puiden. En todo o que me deixaron. Fun camareira por horas, traballei nos toldos das verbenas en quendas de 16 horas diarias, fixen socios na rúa para coñecidas ONGs, traballei nun supermercado... Nalgúns non tiña contrato, noutros, contratos parciais encadeados cada dous meses. Pero sempre ao punto de facer un ano... Botábanme, para non facerme fixa. Aproveito para darlle as gracias á reforma laboral, ao Ministerio de Desemprego e de Inseguridade Social.

Así que nesas, unha espera que todo iso sexa temporal. Cando saes de traballar as once da noite e aínda poste a estudar porque senón non chegas aos exames, e non podes volver pagar o que custa a materia na matrícula seguinte... Entón, para darte ánimo só podes pensar "veña, que falta menos, que xa me licencio e atoparei un traballo mellor". Será iso que din da inocencia da mocidade...

As opcións que temos os mozos e mozas neste país é mendigar que alguén nos deixe facer prácticas, non remuneradas, por suposto!! E os máis sortudos pode que sexan bolseiros e cobren 300€ ao mes, pero eses son os menos, os privilexiados

Porque mira que vai ser que non. As opcións que temos os mozos e mozas neste país é mendigar que alguén nos deixe facer prácticas, non remuneradas, por suposto!! E os máis sortudos pode que sexan bolseiros e cobren 300€ ao mes, pero eses son os menos, os privilexiados. E claro, de que vivo? Se traballo oito horas diarias, gratis... Con que pago as facturas? Que outro traballo atopo (sé é que en España hoxe alguén atopa traballo) que me permita estar as horas de horario de oficina traballando de balde? E se non traballo gratis... Como adquiro a experiencia mínima de dous anos que me piden nas entrevistas?

Moitos somos os que tivemos que marchar. Eu estou en Inglaterra, traballando de "au pair". Coido unha nena, limpo a casa, e a cambio sigo cobrando unha miseria, 80 libras por semana, pero déixanme vivir con eles, e polo menos aprendo un idioma, teño cama e comida.

Vivo a 20 minutos de Londres. E podo asegurar que pola rúa, de cada dez mozos e mozas que escoltas falar, máis da metade o fan en español. Estiven esta semana en Edimburgo, e contábame unha española que vive alí que o 15% dos censados en Edimburgo son españois. Só censados!!!! Mariano machiño, tes a medio país no paro e o outro medio fóra!

E esa é a alternativa que temos a mocidade española, marchar. Ir a países onde empezar dende abaixo, como fixeron os nosos avós, emigrar. Esperar que dende abaixo aprendamos un idioma

E esa é a alternativa que temos a mocidade española, marchar. Ir a países onde empezar dende abaixo, como fixeron os nosos avós, emigrar. Esperar que dende abaixo aprendamos un idioma, volver darnos ánimo ao meternos na cama e pensar... "É temporal. Aprenderei o idioma e atoparei un traballo mellor".

E mentres a mocidade, licenciados e licenciadas, investigadores... O maior activo dun país, marcha, o noso Desgoberno aplaude, porque os mozos molestamos. E como colofón final, xa que temos que marchar... Sácannos o noso dereito fundamental de acceso á sanidade. Así, sen poñerse colorados.

Algún día volveremos, e se xa molestabamos antes, cando volvamos, volveremos fortes, para esixir que España sexa Europa, en todo o sentido amplo da palabra

O que o noso goberno non sabe, ou quere facer que non ve, é que marchamos, que estamos vendo como funciona Europa... E que algún día volveremos, que os mozos e mozas estamos unidos, que esa Marea Granate de emigrantes fai asembleas, grupos de traballo, e que un día volverá, e se xa molestabamos antes, cando volvamos, volveremos fortes, para esixir que España sexa Europa, en todo o sentido amplo da palabra. Aínda que quizais si que o saiba, e por iso estea poñendo tanta traba para que votemos dende fóra. Porque un día, volveremos... Para botarvos.

Así que espero, Presidente, que cada noite, ao meterse na cama, teña esa frase que tantos mozo de mozas temos na cabeza... Porque a nosa emigración, a súa tranquilidade, o seu engano, o seu retroceso do país... É temporal.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.