016, vanme axudar?

A pasada foi unha fin de semana das que se pode decir perfecta: festas, bo tempo... Pola contra, todos estos factores, que  propician as saídas oubeber un pouquiño de máis do habitual adoitan ser un caldo de cultivo ideal para que a violencia de xénero se incremente. E así o constatei cando o gomingo pola mañá unha muller, entre saloucos, me chamou para solicitar a nosa axuda.

A sua parella agrediuna e ela, estranxeira, sen familia nin amigos a quen acudir e illada, algo que xa se ocupara de conseguir o seu agresor, seguindo,como e costume nestos suxeitos o manual do perfecto maltratador, estaba totalmente soa e sen saber qué facer nin a quen acudir.

Non era a min á primeira que chamaba. Seguindo os consellos que nos dan nos medios  cada vez que hai unha asasinada por violencia machista, contactou co 016, advertíndoos ademais de que estaba a chamar dende un móbil de tarxeta do que estaba a piques de esgotárselle o saldo (algo que de feito sucedeu cando estaba a falar comigo) e que non contaba con cartos para repoñelo.

Pois ben, o único que foron quen de decirlle é que marchase á casa dunha amiga, malia que lles dixo unha e outra vez que non tiña esa posibilidade. Nin a asesoraron, indicándolle polo menos cales eran os primeiros pasos a seguir, nin moito menos a axudaron.

O único que foron quen de decirlle é que marchase á casa dunha amiga, malia que lles dixo unha e outra vez que non tiña esa posibilidade

Unha vez feitas as xestións mais prioritarias, é dicir, axudar esta muller, informala de que de debía presentar unha denuncia, cousa que fixo cando se lle indicou posteriormente ou conseguir que lle asignasen un avogado eu mesma me encarguei de chamar de novo ao 016 e comentar este lamentable suceso. Dende o primeiro momento díxenlle a persoa que colleu o teléfono que estaba a falar dende unha certa prudencia, xa que era consciente do estado de nerviosismo que presentan as vítimas neses momentos tan duros, pero que, por desgraza, algo me renxía e me facía darlle credibilidade ao que me contara, xa que non era a primeira vez que nos chegaban queixas neste sentido e que eu persoalmente tivera ocasión de comprobalo cando, antes de pertenecer a ningún tipo de colectivo, chamei para denunciar un caso de malos tratos máis que evidentes e a única resposta que obtiven foi que “si non era da familia da maltratada non podía facer nada”, para, acto seguido, e sen mais explicaciósn, colgárme o teléfono.

A muller que me atendeu díxome que o 016  e un servizo “meramente informativo” pero que de todos xeitos, ía facer que o que lle estaba a contar constase como unha reclamación e pediume disculpas unha e outra vez.

A muller que me atendeu díxome que o 016  e un servizo “meramente informativo” pero que de todos xeitos, ía facer que o que lle estaba a contar constase como unha reclamación e pediume disculpas unha e outra vez.

Todo eso está moi ben, pero as disculpas non salvan vidas. O 016 non e un call center dende o que se nos informa das mellores ofertas ou prezos dun produto. É a única táboa de salvación á que moitas vítimas se poden aferrar e que pode supoñer a diferenza entre que unha vida se salve ou non.

Imos deixar de vender fume. Ímonos concienciar dunha vez de que as vítimas necesitan axuda real e de verdade, non márketing nin ilusións. E, por riba de todo, precisan que as traten con humanidade......Meréceno, non si?

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.