Sobre o debate actual entre referendo e República galega

Parto do consideración inicial de seren un nacionalista, republicano galego, de ser unha persoa comprometida coa nosa realidade social.

Entendo que estamos a vivir unha ocasión histórica única: a descomposición da Monarquía, dos partidos que a sustentan, das arelas de liberdade dos pobos que compoñen o Estado Español imposto pola Constitución do 1978.

"Diante deste panorama semellan, ao meu parecer, inútiles e carentes de sentido os debates sobre se ten que priorizarse o referendo sobre a forma do Estado ou se temos que axir pola República Galega a día de hoxe".

Diante deste panorama semellan, ao meu parecer, inutís e carentes de sentido os debates sobre se ten que priorizarse o referendo sobre a forma do Estado ou se temos que axir pola República Galega a día de hoxe.

Para a persoa que subscribe este texto, considera que  temos que priorizar denantes de calquera outra cousa:

·         A necesidade de botar fóra aos Borbóns e o seu sistema de reprodución dinástica.

·         Denunciar a súa ilexitimidade como herdeiros do Franquismo.

·         Denunciar o bipartidismo PPSOE e as consecuencias que o mesmo ten dende hai perto de 40 anos.

·         Denunciar a actual situación de inxustiza social que sofre a meirande parte da sociedade civil no Estado e na Galiza.

·         Denunciar as políticas económicas e sociais que se derivan da Europa do capital.

Que as políticas partidarias non sexan quen de anubar as arelas de liberdade, xustiza social e o derrubo do “ ancien rexime” que sentimos a grande maioría dos e das cidadáns , que non súbditos ,deste país.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.