E se Froilán fose rei? (ou o Conde Lecquio)

Froilán, sobriño do actual rei, foi estes días atrás noticia non por pegarse tiros a si mesmo nun pé senón porque, segundo informa o xornal dixital Público, a pesar de que está repetindo segundo da ESO, nesta nova oportunidade seica tampouco conseguiu superar as materias e os pais, por ver de amañar a desfeita, decidiron que pase o verán nun internado carísimo por ver se así mellora o seu rendemento académico. Seica, tamén, o ano que vén vai ser incluído nun grupo de diversificación acorde co seu nivel escolar e as súas posibilidades.

Non teño o máis mínimo interese en facer ningunha clase de brincadeira arredor dos logros, ou máis ben, da ausencia dos mesmos, deste estudante. Incluso me parece fatal que transcendese esa información que non deberíamos coñecer

Non teño o máis mínimo interese en facer ningunha clase de brincadeira arredor dos logros, ou máis ben, da ausencia dos mesmos, deste estudante. Incluso me parece fatal que transcendese esa información que non deberíamos coñecer.  Pero xa que se coñeceu e que se divulgou, si que podemos usala para lembrar o feito de que o tal Froilán é unha das persoas que están na Liña de Sucesión á Xefatura do Estado, ou sexa, que está lexitimado, pola lei e pola seica Intocable Constitución Española, para ser rei de España. É difícil e terían que darse todo un cúmulo de desgrazas que por suposto ninguén desexa para que lle tocase a el. Pero podería.

Con todas as da lei.

E Imaxino que se tal sucedese, partidos coma o PP ou o PSOE, tan fieis ao espírito do 78 e ao consenso da transición e todo iso que nos contaron estas semanas atrás, votarían si para permitir a súa coroación. Se non o fixesen, estarían contradicíndose terriblemente.

Creo que nestes anos levo argumentado moito, e con moita intensidade contra a Monarquía como mellor forma de goberno que que a República. E este de hoxe é só un argumento máis. Que bate, directamente, con esoutro adagio tan archirepetido de que ao rei se lle prepara.  Díxose moito de Filipe cando era aspirante á Coroa. Que era un home preparado para ser rei. Que sabía todo o que compría saber para ser rei de España.

O perigo está sempre aí: que un día herde a Xefatura do Estado un pirado, un demente, un que non deba

Co Froilán, seica, aínda que se tentase, igual non se conseguía. E o perigo está sempre aí: que un día herde a Xefatura do Estado un pirado, un demente, un que non deba.

Así que coidado. Porque Froilán está na liña sucesoria. Pero o Conde Lecquio tamén.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.