Gaza no corazón

Gaza, convertida nunha rateira na que millón e medio de persoas loitan por sobrevivir amoreados nuns cantos quilómetros cadrados, é dende hai décadas unha das vergoñas deste mundo. Asediad@s, maltratad@s, e esquecid@s pola comunidade internacional, Israel converteu @s palestin@s en prisioneir@s na súa propia terra. Estes días as imaxes de bombardeos sobre a poboación civil, de casas destruídas, e de nen@s ensanguentad@s, fan que sinta unha vergoña, rabia, e dor, imposibles de describir con palabras.

Como ben di Galeano, "O exército israelí sabe a quen mata. Non mata por erro. Mata por horror"

Non se entende como o estado sionista de Israel, que presume de ter un dos exércitos máis potentes do mundo, da precisión das súas armas de fogo, no que eles chaman "a súa loita contra o terrorismo", matase xa máis de 200 persoas, das cales segundo a ONU máis do 70% son civís. Como ben di Galeano, "O exército israelí sabe a quen mata. Non mata por erro. Mata por horror". Mentres isto acontece, os organismos internacionais e os grandes mandatarios occidentais permanecen impasibles nos seus despachos sen ofrecer unha condena clara e contundente, nin esixir responsabilidades ao Goberno de Israel. Tampouco o Premio Nobel da Paz, que se mantén de brazos cruzados para non enfadar os todopoderosos xudeus que viven nos barrios máis podentes de EEUU.

Con que cara lles digo que o meu Goberno non é capaz de facer unha condena clara e contundente ante este regueiro de sangue e desespero?

Os que máis están a sufrir esta barbarie, son @s nen@s. Dende que comezaron os ataques, morreron máis de 40, centos deles está gravemente feridos, miles viron como convertían as súas casas en entullos, perderon as súas familias e os seus amigos, e sobreviven sen apenas auga nin alimentos chorando nos hospitais ou deambulando polas rúas. Como lles explicamos que mentres as bombas israelís destrúen o seu presente e o seu futuro, os seus veciños sentan en cadeiras de praia ao outro lado da fronteira para gozalo coma se dun espectáculo de fogos artificiais se tratase? Con que cara lles digo que o meu Goberno non é capaz de facer unha condena clara e contundente ante este regueiro de sangue e desespero? Quen lles vai explicar por que foron asasinados catro nenos mentres xogaban cun balón na praia? Necesitamos unha solución a longo prazo para Gaza, para que est@s nen@s disfruten da súa infancia, e teñan o futuro que merecen

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.