Un suicidio político

Nestes días que os cristiáns celebraron a decisión dun home de deixarse morrer para denunciar un mundo que debía rematar e anunciar outro que estaba por vir, conmoveunos a decisión doutro home tan valente e enfadado que decide morrer para denunciar unha vida que non está disposto a vivir.

Conmoveunos a decisión doutro home tan valente e enfadado que decide morrer para denunciar unha vida que non está disposto a vivir.

O suicidio político de Dimitri Christoulas, a nota que nos deixou, enmarca e concreta esa sensación de estar caendo nun pozo que cada novo anuncio dos gobernos europeos, do goberno de Rajoy e do goberno de Feijóo provoca en nós.

As persoas maiores que levan aforrando toda a vida e creron que as participacións preferentes  lles resolverían a vellez e agora ven o seu diñeiro fóra do seu alcance pechado nunha letra pequena que non leron porque confiaban, coñecen esa sensación.

As nosas fillas e fillos aos que lles dixemos que con esforzo nos estudos terían un bo traballo e un futuro seguro e levan dez, quince, vinte anos preparándose, esforzándose, renunciando para agora empezar a buscar un minijob

Tamén a coñecen as nosas fillas e fillos aos que lles dixemos que con esforzo nos estudos terían un bo traballo e un futuro seguro e levan dez, quince, vinte anos preparándose, esforzándose, renunciando para agora empezar a buscar un minijob ou aprendendo alemán para ver se aló...

E os milleiros de familias galegas que non chegan a fin de mes, que non pagan o aluguer ou a hipoteca que tan “xenerosamente” lle ampliaron no banco para que puideran tamén xunto co piso cambiar de coche e que agora dependen dun chamamento á “ética” dos mesmos especuladores que os enganaron mentres o goberno anuncia unha amnistía para os millonarios defraudadores.

Na súa nota o señor Christoulas fálanos da dignidade de non aceitar un futuro invivible, de actuar, de non acatar en silencio o que o 1% que se enriquece á nosa costa ten preparado para nos, o 99%.

Pero na súa nota, o señor Christoulas fálanos da dignidade de non aceitar un futuro invivible, de actuar, de non acatar en silencio o que o 1% que se enriquece á nosa costa ten preparado para nos, o 99%. Fala da responsabilidade dos gobernos que aniquilan a posibilidade de supervivencia e da necesidade de reaccionar. E fala tamén da súa esperanza na mocidade sen futuro, que algún día colgará aos traidores na praza Syntagma.

Fondamente conmovida por este acto de civilización, de humanidade, agardo tamén que a mocidade e toda a sociedade reaccionemos e actuemos. Porén colgar aos traidores non resolve o futuro por moito que as nosas vísceras o reclamen. É a acción política, é a rebelión das institucións políticas contra os ditados dos especuladores, é o compromiso dos gobernos coa súa poboación o que pode cambiar este futuro tan difícil que Christoulas denuncia.

Agardo que eses gobernantes que estes días se apresuran a aparecer portando cristos e cirios se vexan desbordados por unha marea cidadá e teñan que modificar estas políticas

E agardo que a súa valente decisión, como o suicidio de Bouazizi en Tunicia, lonxe de desencadear revanchas individuais, produza unha reacción colectiva e democrática na sociedade europea da que formamos parte e actuemos para obrigar aos gobernos a cambiar estas políticas que levan ao suicidio da nosa civilización. Agardo que eses gobernantes que estes días se apresuran a aparecer portando cristos e cirios se vexan desbordados por unha marea cidadá e teñan que modificar estas políticas que están a levar a desesperación a millóns de persoas e levaron ao suicidio a Dimitri Christoulas.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.