Consensos da Estrada, Terra de Montes

Antes de rematar os comicios municipais, un grupo de compañeiros de distintos círculos galegos comezamos a establecer contactos para preparar unha candidatura conxunta. Pouco a pouco fóronse unindo máis círculos e decidimos celebrar unha asemblea na Estrada, considerada centro xeográfico de Galicia, o que facilitaría que se sumasen círculos de todo o país.

Pretendiamos acadar un consenso para confeccionar unha lista que representase as inquedanzas de todos os círculos de Galicia, unha lista feita por galegos e cun proxecto galego

Con aquelas asembleas o que pretendiamos era acadar un consenso para confeccionar unha lista que representase as inquedanzas de todos os círculos de Galicia, unha lista feita por galegos e cun proxecto galego. Finalmente, o acordo total non foi posible, pero de alí xurdiu unha equipa de persoas que non queríamos renunciar ao que pensabamos era o mellor proxecto para Galicia, compartindo o que para nós son principios básicos: consenso, transparencia, pluralismo e participación.

Como entendemos que a secretaria e os conselleiros que nos deben representar deben ser simples transmisores da vontade popular, foi esa capacidade o que máis pesou na conformación da lista que presentamos

Despois dun laborioso traballo de moitos compañeiros de toda Galicia, fomos quen de redactar o proxecto que agora presentamos e de escoller, entre todos, as persoas que conforman a lista de candidatos ao CCA de Galicia así como o nome da nosa candidatura, Podemos cambiar Galicia.

Como entendemos que a secretaria e os conselleiros que nos deben representar deben ser simples transmisores da vontade popular, foi esa capacidade o que máis pesou na conformación da lista que presentamos.

Esa capacidade sumada á preparación e a representatividade territorial de toda Galicia deu como resultado 34 nomes, os cales representan a esencia do cambio que está a vivir o noso país.

Soñamos, pero tomamos moi en serio os nosos soños

Os 34 da Estrada poderiámolos chamar, porque xa esa terra a sentimos como propia, grazas á xenerosidade das persoas que forman o Círculo Podemos da Estrada.

Soñamos, pero tomamos moi en serio os nosos soños.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.