O monte ou a miseria da riqueza

Galiza conta con un inmenso territorio rural que supera o o 70% da súa superficie total. O monte galego produce a maior parte da madeira do Estado español e a pesares disto o seu PIB na economía galega acada apenas o 3%.

O monte galego produce a maior parte da madeira do Estado español e a pesares disto o seu PIB na economía galega acada apenas o 3%

Máis de 8000 comunidades de montes que corresponden a outras tantas parroquias dan a idea da importancia duns recursos forestais que non se corresponden na importancia económica co seu potencial e que merece ser estudado para o futuro inmediato.

Subvencións que se destinan apagar empresas para podas que se aproveitan ou deixan os restos no monte co conseguinte risco de incendio e mesmo recursos destinados a pagar festas ou orquestras evidencian a mala xestión e baixo interese nesta industria para o noso país.

En tempos nos que o continente europeo aposta pola eficiencia enerxética, nos que países como Alemaña, Holanda ou Francia son importadores de pelex e outros elaborados do monte, ponse en evidencia a baixa conciencia existente entre as institucións que deben emprender eses aproveitamentos de recursos.

En Galiza hai unicamente 6 fábricas de pelex e coxeneración, e na provincia de Lugo, coa inmensa masa forestal do seu territorio, ningunha.

As normativas europeas de obrigado cumprimento obrigan a modificar caldeiras e outras fontes de enerxía para eliminar consumo eléctrico e emisións de CO2 paro mentres a eficiencia enerxética en algúns países europeos supera o 90%, no estado español apenas chega ao 20%.

O monte galego ten incalculables posibilidades de crecemento que pasan polo seu aproveitamento, o que xeraría valores positivos como a súa limpeza, a contribución ás enerxías limpas e controlar tódolos procesos para xerar riqueza e emprego

O monte galego ten incalculables posibilidades de crecemento que pasan polo seu aproveitamento, o que xeraría valores positivos como a súa limpeza, a contribución ás enerxías limpas, evitar incendios e controlar tódolos procesos para xerar riqueza e emprego. Riqueza para os seus propietarios, empresas e concellos. Riqueza para o país.

O monte galego é hoxe unha grande industria empobrecida que debemos poñer en valor. O monte galego, ao igual que Galiza, é rico, moi rico, pero está empobrecido.

Os gobernos todos e os galegos, debemos tomar conciencia das súas posibilidades e poñelo en valor.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.