Morre o gran feminista deste século

A comezos deste ano 15, despois dunha longa e frutífera vida, falece un dos cerebros máis preclaros do século que coa súa investigación e o descubrimento da píldora anticonceptiva, fixo máis polas mulleres que moitos discursos enardecidos. Xa podíamos enrouquecer gritando: Dereito ao propio corpo!, cando estabamos supeditadas a unhas relacións sexuais, aceptadas ou non, que nos impedían ese dereito e nos obrigaban a embarazos non desexados. A píldora rompeu as cadeas do destino biolóxico.

Xa podíamos enrouquecer gritando "Dereito ao propio corpo!", cando estabamos supeditadas a unhas relacións sexuais, aceptadas ou non, que nos impedían ese dereito e nos obrigaban a embarazos non desexados. A píldora rompeu as cadeas do destino biolóxico

Falo de Carl Djerasssi, un xudeu vienés fillo dunha arrogante askenazi e un agresivo sefardita (digo no nº 22 da Festa da Palabra silenciada dedicada a Os Feministas) que exercen a medicina. O matrimonio divórciase, e o pai de familia búlgara, establecida alí despois de escapar da Inquisición española, instálase en Sofía. A persecución nazi obriga a nai e fillo a fuxir de Viena, refuxiarse en Bulgaria, volvérense casar os pais, e, conseguido o visado, exiliarse en EEUU. Chega Carl a N.Y. en 1939, ingresa na Universidade falseando a idade, obtén bolsas de estudos e inicia a carreira de química orgánica.

Consegue traballo na industria química e compaxina a súa carreira académica co mundo empresarial. Feliz conxunción. Ademais de reafirmar o seu pensamento realista, apoia a crenza da necesidade utilitaria das investigacións científicas

Consegue traballo na industria química e compaxina a súa carreira académica co mundo empresarial. Feliz conxunción. Ademais de reafirmar o seu pensamento realista, apoia a crenza da necesidade utilitaria das investigacións científicas. O científico ha ter sorte, emoción, curiosidade e ambición, di. Acepta o posto dirixente nun laboratorio de Sintex na cidade de México, cousa que os seus compañeiros dun dos laboratorios máis importantes de EEUU consideran unha loucura. Demostrou que se podía investigar ao sur do Rio Bravo.

Puxo como condición que se publicarían os achados nas revistas de ciencia, e así foi como durante 10 anos, o laboratorio mexicano foi o que máis publicou sobre esteroides e hormonas en todo o mundo.

O 15 de outubro do ano 1951, despois de incesante traballo, realizan a síntese do primeiro anticonceptivo do mundo. Nese importante achado colaboraron moitas mulleres mexicanas traballadoras no laboratorio pero carentes de estudos académicos. Djerassi di que o que lles faltaba en preparación formal, lles sobraba en intelixencia e desexos de levar a bo fin a investigación. Acabaron facendo alí as teses de doutoramento.

Despois dos estudos clínicos e convenios farmacéuticos, a venda non se difunde en EEUU até 1961. En países católicos atrasouse moitísimo o uso da píldora. Foi despenalizada en España en 1978

Despois dos estudos clínicos e convenios farmacéuticos, a venda non se difunde en EEUU até 1961. En países católicos atrasouse moitísimo o uso da píldora. Foi despenalizada en España en 1978. Algunhas mulleres tomamos a píldora moito antes. Eu desde o 65.

Carl Djerassi propón na Universidade a píldora masculina, opinando que os homes debían soportar unha carga na anticoncepción xa que as mulleres aguantan todo o peso reprodutivo. A pesar da repulsa que a toda persoa progresista lle toca padecer, foi honrado con honores, como o Premio Nacional de Ciencia dos EEUU no 1973, por promover o control de natalidade nas humanas. As feministas estamos en débeda con este sabio e debemos saldala. Deberíamos lembralo en rúas e en centros de investigación que levasen o seu nome.

Carl Djerassi propón na Universidade a píldora masculina, opinando que os homes debían soportar unha carga na anticoncepción xa que as mulleres aguantan todo o peso reprodutivo

Ademais das ansias científicas que lle obrigan a percorrer o mundo, buscar insectos para o seu control, mergullarse a recoller esponxas con principios activos…, difunde os seus achados e compaxina o traballo no laboratorio coa aventura.

Como vienés gusta da música, toca o violonchelo e interésase pola pintura e escultura (Paul Klee e Gaicometti os preferidos). Funda unha colonia de artistas no seu propio rancho en colaboración coa universidade de Stanford onde traballaba. Escribe novela e obras de teatro. Difunde o feminismo, condena o racismo e a guerra. Participa no manifesto, con B.Russel e Einstein contra as armas de destrución masiva e no Pugwash contra o belicismo.

Un ser excepcional e un amigo que marcha. Outras e outros científicos quedan para abrirnos a senda da humanidade.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.